Oferta de cursos monográficos para o curso 2024-25 ↩
Canto custa matricularse nun monográfico ↩
Calendario actividade lectiva ↩
Que son os cursos monográficos e para quen son?
A EOI de Lugo e a extensión de Sarria ofertan cursos de actualización, perfeccionamento e especialización centrados na práctica da expresión oral de distintos niveis da lingua inglesa.
Este tipo de cursos reforzan as destrezas orais do alumnado e estrutúranse en consonancia cos distintos niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas, porén non están orientados a facer un exame final.
Ao rematar os cursos monográficos non se expide ningún tipo de certificación de nivel, porén pode solicitarse un diploma de aproveitamento onde figure o número de horas de asistencia ao curso. Se vostede precisa ou quere certificar un nivel, pode matricularse nos cursos oficiais ou presentarse aos exames de certificación por libre.
Estes cursos están pensados para alumnado:
que xa ten un nivel da EOI certificado e quere actualizar os seus coñecementos da lingua
que quere ter un extra de preparación oral para facer un exame de certificación
que esgotou as convocatorias na EOI pero quere seguir preparándose para presentarse aos exames de certificación por libre
que quere retomar o estudo dun idioma pero precisa reforzar os seus coñecementos antes de matricularse no seguinte nivel
que xa completou o itinerario nun idioma pero quere seguir en contacto con el a través da EOI.
Para garantir un funcionamento e aproveitamento óptimo dos cursos monográficos é importante ter en conta o nivel de lingua que se vai traballar en cada un deles. Non é obrigatorio acreditar un nivel para matricularse, pero é recomendable ter o nivel de competencia indicado xa que será o nivel no que se imparta cada curso.
Canto custa matricularse nun curso monográfico?
A matrícula nos cursos de actualización e especialización custa 1,5 € por hora. Porén, a esta contía pódenselle engadir outros custos que dependen da situación académica do alumno como se pode ver nestes exemplos. Nesta ligazón ↩ pode atopar máis información; se ten dúbidas, consulte na oficina administrativa do centro antes de facer o pagamento:
Exemplos (cursos de 30 horas) |
Apertura expediente |
Servizos xerais |
Taxas docencia do curso |
Total |
1) ALUMNADO ORDINARIO NOVO (1ª matrícula nunha EOI de Galicia) |
22€ | 13€ | 30 horas= 45€ | 80€ |
2) ALUMNADO ORDINARIO ANTIGO (non matriculado na EOI Lugo este curso*) |
0€ | 13€ | 30 horas= 45€ | 58 € |
3) ALUMNADO ORDINARIO (matriculado na EOI Lugo este curso) |
0€ | 0€ | 30 horas= 45€ | 45€ |
Exemplos (cursos de 60 horas) |
Apertura expediente |
Servizos xerais |
Taxas docencia do curso |
Total |
1) ALUMNADO ORDINARIO NOVO (1ª matrícula nunha EOI de Galicia) |
22€ | 13€ | 60 horas= 90€ | 125€ |
2) ALUMNADO ORDINARIO ANTIGO (non matriculado na EOI Lugo este curso*) |
0€ | 13€ | 60 horas= 90€ | 103€ |
3) ALUMNADO ORDINARIO (matriculado na EOI Lugo este curso) |
0€ | 0€ | 60 horas= 90€ | 90 € |
* Deberá achegar unha certificación académica da EOI onde cursou os estudos
Aplícanse as exencións previstas na normativa (consulte a información nesta ligazón↩).
Prazos de matrícula
Ofértanse cursos monográficos tanto na EOI de Lugo como na extensión de Sarria.
Temporalización/Lugar do curso |
Prazo de matrícula |
Primeiro cuadrimestre EOI Lugo |
Do 24/06/2024 - 30/09/2024* |
Segundo cuadrimestre EOI Lugo | Do 02/12/2024 - 30/01/2025* |
Cursos anuais na Extensión de Sarria | Do 24/06/2024 - 30/09/2024* |
* O prazo pode rematar antes se se esgotasen o número de prazas dispoñibles por curso.
Documentación a entregar para facer a matrícula
Esta documentación achegarase en liña, na aplicación de matrícula correspondente, tal e como se explica a continuación.
Procedemento de matrícula dos cursos monográficos
Para formalizar a matrícula nos cursos monográficos debe seguir os seguintes pasos no prazo establecido para a inscrición. Todo o procedemento faise en liña:
1. Pague a taxa correspondente. (Máis información nesta ligazón↩) e descargue ou escanee o xustificante do pago da taxa. Pode facer o pagamento en liña ou de xeito presencial nalgunha das entidades bancarias asociadas:
2. Prema na ligazón correspondente para acceder á aplicación de matrícula do centro onde a quere formalizar. Cumprimente todos os datos.
3. Dentro da aplicación de matrícula, achegue a documentación necesaria no seu caso no apartado correspondente:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Oferta monográficos 24-25-.pdf | 90.89 KB |