Probas de clasificación - curso 2024-25
Convocatoria de xuño 2024
|
Convocatoria de setembro 2024 |
Prazo de inscrición curso 24-25 ↩ |
Prazo de inscrición setembro curso 24-25 ↩ |
Calendario das probas curso 24-25 ↩ |
Calendario das probas setembro curso 24-25 ↩ |
Resultados xuño↩ |
Resultados setembro↩ |
As probas de clasificación están pensadas para o alumnado que quere empezar a estudar unha lingua na escola de idiomas e xa ten coñecementos previos. A través destas probas diagnostícase o nivel da lingua na que o alumnado se quere matricular e os departamentos didácticos establecen o curso ao que podería acceder.
As probas de clasificación de cada idioma realizaranse de acordo co calendario publicado (ver ligazón arriba).
A proba dá acceso a un curso concreto e só a ese curso; isto quere dicir que non poderá matricularse nun curso inferior ou superior ao que indique a proba. O resultado obtido nas probas de clasificación terá validez para matricularse na modalidade oficial nas dúas convocatorias seguintes, este curso e o seguinte, en calquera das Escolas Oficiais de Idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Débese ter en conta que se o resultado da proba dá acceso a un curso que xa se superou nese idioma non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.
O alumnado que se inscriba nas probas de clasificación terá que facer tamén a preinscrición no idioma correspondente, no nivel que se lle adxudicou, no prazo de preinscrición que corresponde ao alumnado de novo acceso que determine a Consellería de Educación.
O alumnado poderá matricularse nunha soa proba de clasificación por cada idioma durante un curso escolar.
A proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, só fixa o nivel de acceso para poder matricularse nunha EOI de Galicia na modalidade oficial
A proba de clasificación non garante automaticamente unha praza, o alumnado deberá optar ás prazas ofertadas na EOI mediante o procedemento de preinscrición nos prazos previstos a tal fin.
Terán dereito a realizar as probas de clasificación aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial e semipresencial.
Teña en conta que para acceder a estudos das EOIs, incluso a través da proba de clasificación, deberá ter 16 anos antes de rematar o ano en curso ou 14 se é para cursar un idioma distinto ao que está a cursar na ESO como primeira lingua estranxeira.
Así mesmo, poderán realizar estas probas as persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores ao que desexen acceder. Este alumnado deberá ter en conta que se o resultado da proba lle dá acceso a un curso que xa superou nese idioma non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.
O alumnado poderá matricularse nunha soa proba de clasificación por cada idioma durante un curso escolar.
Para formalizar a matrícula nas probas de clasificación debe seguir os seguintes pasos no prazo establecido para a inscrición do idioma correspondente. Só se admitirán formularios enviados dentro do prazo de matrícula de clasificación.
Descargar e cubrir o seguinte formulario (formato editable). (Débese enviar un formulario por cada lingua na que desexe facer a proba de clasificación, no prazo establecido).
Pagar a taxa correspondente. A taxa da proba de clasificación é de 17 € por cada idioma. (Para máis información sobre as taxas premer aquí )
No prazo establecido,entregar na oficina administrativa do centro ou enviar por correo a eoi.lugo.secretaria @edu.xunta.gal a seguinte documentación (Débese poñer no asunto: proba de clasificación):
- Formulario/s de inscrición debidamente cumprimentado/s. (Un por cada idioma)
- Copia do seu documento de identidade (DNI por ambas caras)
- Resgardo do pago da taxa (Se fai pagamento en liña, modelo 730 xa que o recibo de pago con tarxeta NON é válido. Prema aquí para máis información. Tamén se pode recoller o impreso de taxas na oficina administrativa da escola)
- No caso de estar exento do pagamento, debe achegar o xustificante da exención.
Español lingua estranxeira↩ |
|||
|
Chinés↩ |
|||
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Calendario clasificación curso 2024-25.pdf | 78.24 KB |
Prazos clasificación curso 2024-25.pdf | 108.99 KB |
Resultados PC francés -xuño 24.pdf | 220.55 KB |
Resultados PC Inglés- xuño 24.pdf | 142.84 KB |
Resultados PC italiano-xuño 24.pdf | 220.01 KB |
Resultados PC alemán - xuño 24.pdf | 103.11 KB |
Resultados PC galego-xuño 24.pdf | 221.62 KB |
Resultados PC chinés-xuño 24.pdf | 297.41 KB |
Resultados PC portugués-xuño 24.pdf | 299.16 KB |
Prazo proba clasificación setembro .pdf | 98.02 KB |
Probas clasificación setembro 24.pdf | 120.54 KB |
Acta Web Clasificación Inglés_Setembro.pdf | 173.32 KB |
ACTA web AVALIACIÓN alemán set24.pdf | 202.91 KB |
Acta web setembro _proba clasificación_ Francés .pdf | 290.56 KB |
Acta avaliación_proba clasificación_ web.pdf | 90.28 KB |
Italiano_SET_2024.pdf | 168.75 KB |
proba clasificación_GALEGO_WEB.pdf | 100.7 KB |
Portugués setembro 24.pdf | 247.23 KB |