Proxecto medioambiental

Conectando co medioambiente

Hoxe queremos compartir con vós unha nova reportaxe que publica a Voz de Galicia sobre hortos educativos ecolóxicos, incluído o do noso cole.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/02/26/huertos-educativos-ecologicos-formula-conectar-medio-ambiente/0003_201802G26P24991.htm

San Blas pinta de verde Moaña

A nosa escola está a colaborar cun colexio de Salamanca, o CEIP San Blas, en prol da reforestación dos nosos montes.

Dende a escola enviámoslles landras que recollimos no patio para que as planten e nos envíen as pequenas árbores que crezan de cada unha delas.

Esta semana tiveron a visita de voluntarios da Universidade, que lles deron unha pequena charla motivadora sobre ecoloxía e reforestación. Tamén os visitou un membro do corpo de Bombeiros que lles falou dos incendios, en concreto dos que asolaron Galicia o ano pasado.

A continuación comezaron a plantar coa colaboración dos alumnos de ASPACE... só queda esperar!

Cando teñamos aquí as árbores que nos envíen iremos a plantalas ao monte coa axuda da Comunidade de Montes de Moaña, manterémosvos informados!!

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=568287270188917&id=208012889549692&__tn__=%2As%2As-R

https://elhuertodelsanblas.blogspot.com.es/2018/02/visita-de-los-voluntarios-de-la-oficina.html?m=1

Entrega de premios Fundación Tríodos

O pasado 17 de novembro tivo lugar en Madrid a entrega de premios organizada pola Fundación Triodos, onde se entregaba ao noso cole o premio ao Mellor Horto Ecolóxico Educativo de España.

Compartimos o enlace da xornada, así coma algunhas fotos do acto de entrega de premios e dos obradoiros que levaron a cabo os nenos.

http://huertoseducativos.org/fiesta-de-los-huertos-educativos/#

<!--break-->

Colaboración con SOGAMA

Xa temos un novo vermicomposteiro na escola!! Gracias a Sogama, este ano poderemos seguir alimentando a nosa horta con fertilizante 100% natural, gracias á acción descompoñedora das lombrigas.

Podedes ver toda a información no seguinte enlace:

http://www.sogama.gal/gl/noticia/sogama-entrega-un-vermicomposteiro-na-escola-de-educación-infantil-de-verducedo-en-moaña

<!--break-->

Entrega de premios Huertos Educativos Ecológicos

Compartimos con vós o vídeo da Xornada Huertos que transforman, organizada pola Fundación Triodos e a Asociación Vidasana. Durante dito evento entregouse á nosa escola o Premio ao mellor Horto Educativo Ecolóxico na categoría Infantil.

https://es-es.facebook.com/Triodos.es/videos/10155123964141824/?hc_

ref=ARTFpyOYjFsPJLcgWyROjKiivocdFb2L65PoZVDO

mJ6xfxHfJT7V6pFK1wuEtYwUu9k

<!--break-->

Reportaxe TVG

Aquí está a esperada reportaxe que fixo a TVG da nosa horta con motivo do Premio Nacional de Huertos Educativos Ecológicos.

http://www.crtvg.es/informativos/a-horta-escolar-do-colexio-moanes-de-verducedo-recibe-un-premio-nacional-3535175

<!--break-->

Artículo na web de SOGAMA sobre o premio de Hortos Educativos Ecolóxicos

Onte Sogama publicou na súa páxina web un artigo adicado á nosa escola. Aproveitando para facerse eco do premio obtido este ano de Hortos Escolares Ecolóxicos, escribiron un texto precioso que nos gustaría compartir. Moitas gracias Sogama polo voso cariño e recoñecemento.

http://www.sogama.es/gl/noticia/sembrando-vida-para-o-planeta

<!--break-->

Distribuir contido

Back to top