Proxecto medioambiental

Operación Can - EEI O Con

Onte, na EEI do Con celebraron unha merenda solidaria en colaboración coa Protectora de Animais de Moaña.

Recadaron as aportacións dos asistentes, que consistiron en un montón de comida deliciosa para os cadelos que viven na Protectora!

As profes de Verducedo tamén quixemos aportar o noso graniño de area a esta gran iniciativa.

Noraboa a toda comunidade educativa do Con pola OPERACIÓN CAN!

Reportaxe sobre compostaxe

Hai un tempo a TVG viu a grabar a Moaña unha reportaxe sobre compostaxe. Visitaron a nosa escola para coñecer o noso composteiro e como funciona!

Podedes ver o programa completo de Fun polo aire premendo na imaxe, a reportaxe sobre compostaxe aparece a partir do minuto 30.

Exposición de cogomelos na EEI de Verducedo

 


Xa chegou o outono á Escola de Verducedo!! Para celebralo podedes visitar a exposición de cogomelos que teremos no centro ata o venres 16 de novembro. Gracias a Juan e Mari Carmen, temos a oportunidade de coñecer unha amplísima variedade de cogomelos. Os nenos e nenas xa saben cales son aptos para cociñar, agora tócavos a vos.

Non perdades a oportunidade de visitar esta exposición ÚNICA!

 

Galicia Viva

Compartimos con todos vos unha reportaxe que fixo a Televisión de Galicia na nosa escola. Nela vese como os nenos plantan na horta, dan de comer e beber ás galiñas, recollen ovos, prantan árbores e enchen os comederos de paxaros.

Podedes ver a reportaxe no seguinte enlace a partir do minuto 54.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-116-2

Hotel de insectos

Seguindo a liña da publicación anterior, este vídeo pretende ilustrar sobre a utilidade dun hotel de insectos e como se pode construír. Esperamos que vos sexa de utilidade!

Reforestando co IES Aguas Vivas

Como sabedes, no mes de xuño reforestaremos unha parte do monte xunto co alumnado do IES Aguas Vivas de Guadalajara e contando, coma sempre, coa inestimable axuda da Comunidade de Montes de Moaña.

Fixemos un pequeno vídeo describindo o proceso de recollida plantación de landras e castañas.

Distribuir contido

Back to top