Skip to Content

EDUsostenible

TRÍPTICO LIMPEZA DO ENTORNO NATURAL

 

A NATUREZA QUE NOS RODEA

Durante o primeiro trimestre estivemos a investigar sobre o ecosistema que nos rodea, centrándonos nas plantas e nas árbores. Descubrimos que as árbores teñen follas moi diferentes e moitas delas poidemos recollelas aen ao chan durante o outono, tamén descubrimos a necesidade de coidar a natureza que nos rodea.

DIVULGAMOS

Divulgamos a importancia e a necesidade de aforrar auga, aínda que chova. A auga potable é necesaria para a nosa supervivencia no planeta por iso é necesario aforrar, coidar e protexer a auga e a natureza.

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Si queres ver todo o que fixemos ao longo do curso sobre temática relacionada coa sostibilidade  pinchade AQUÍ

VIVEIRO SOSTIBLE

Unha das primeiras actividades  de inicio de curso dentro do proxecto EDUsostibilidade foi a limpeza e recollida de lixo , xunto cos outros centros veciños, na praia de Covas.

 

SAMAÍN

Coa axuda das familias preparamos un Samaín especial, no que participaron realizando unhas arañas espantosas feitas con material de refugallo co fin de concienciarnos da necesidade de reutilizar como xeito de manter un mundo máis sostible. Contribuíndo tamén dende as aulas ao recoñecemento das emocións propias e alleas dentro do nosos proxectos EMOCIONA-T, INCLÚE-T e IGUALA-T.

Agradecemos a todas as familias a implicación e colaboración.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut