Skip to Content

Contratos Programa

CPinclúe e CPinnova 22-23

Este curso temos concedidos proxectos para a mellora do éxito escolar que posibilitan a innovación educativa, a mellora da calidade do centro e a consecución da maior parte dos obxectivos transversais do novo currículo.

CPinclúe:

IGUALA-T - obradoiros artísticos, contacontos, curtas, cine, referentes femininos nas celebracións de fomento da igualdade e a non violencia.

INCLÚE-T - actividades inclusivas, de estimulación multisensorial, celebracións e colaboracións con entidades e asociacións que visibilicen a inclusión de todas as persoas na sociedade e na vida escolar.

EMOCIONA-T - aprendendo a recoñecer as emocións propias e alleas, a empatia, a colaboración entre todas e todos a través das rutinas diarias, conversas, emocionómetros, monicreques e obradoiros.

CPinnova:

EDUSAÚDE - pausas activas, xogos de movemento, ioga e relaxación.

EDUSOSTIBILIDADE - seleccionar e separa o residuos xerados tanto no patio como nas aulas.Coñeceremos a nosa pegada ambiental do noso centro.Utilizaremos os residuos dándolle novos usos e coidaremos das plantas e dos animais no invernadoiro e no horto urbano próximo ao centro.

 

 

 

IGUÁLA-T - INCLÚE-T - EDUEMOCIONA

Este curso continuamos participando nos CONTRATOS PROGRAMA convocados pola Consellería para a mellora do éxito escolar, en concreto  participamos en  tres deles. Dous dos cales supoñen unha continuidade no traballo feito os últimos anos pero tamén un novo sobre a intelixencía emocional, tan necesaria no momento actual e que complementa a nosa  colaboración coa Fundación Meniños.

Tratase dos programas:

IGUÁLA-T

INCLÚE-T

EDUEMOCIONA

Os obxectivos destes proxectos pasan polo coñecemento das emocións propias e alleas, o desenrolo da empatía, ...propostas de educación en igualdade, recoñecemento da diversidade e da inclusión,  tan necesaria na sociedade actual.

 

INCLUSIÓN EN FAMILIA

     Estimadas familias:

     dende a Formación FAXPG (Federación de Asociacións de persoas xordas de Galicia) informánnos de que mañá, ás 19:00 horas emitirase na súa páxina de Facebook (pincha aqui)  un programa especial repasando a traxectoria do seu concurso "Cantamos con las manos", onde se poderán visualizar distintos vídeos.

     O profesorado do centro anímavos a que o vexades coas vosas fillas e os vosos fillos, xa que dende o centro estamos traballando a inclusión dentro dos Contratos Programa.

 

     Un saúdo, o Claustro

 

 

IGUÁLA-T

Dentro do noso programa IGUÁLA-T, un dos Contratos-Programa de innovación educativa da Consellería de Educación, tiñamos prevista varias actividades durante o terceiro trimestre, algunha delas sobre prevención da ELGTBfobia.

Neste senso e xa que se achega o Día Internacional do orgullo LGBTIQ+ cremos que na sociedade actual o respeto a todas as persoas, sexa cal sexa o seu sexo ou orientación sexual, é fundamental tamén dende a primeira infancia , así como denunciar calquer actitude homófoba.

Ningunha nena ou neno, ningunha persoa, debe sentirse excluida, invisibilizada, acosada ou violentada por motivos de orientación sexual, expresión e identidade de xénero, ou por non seguir os patróns, estereotipos e roles asignados ao xénero socialmente. 
Por este motivo hoxe compartimos con vós contos que fomentan o respeto e o coñecemento da diversidade sexual ou de xénero.
 

Día Internacional da Muller 2020

Con motivo do Día Internacional da Muller, o pasado 11 de marzo, tivemos unha visita da psicóloga do CIM (Centro de Información á Muller), mediante a cal o noso alumnado realizou unha serie de actividades que podedes visualizar a continuación. Amais, entregamos o libro e o caderno dos Bolechas "Pola igualdade" enviado pola Consellería de Educación. Bota unha ollada ás instantáneas!

 

Enterro da sardiña 2020

E que mellor maneira de rematar este tempo festeiro que co Enterro da sardiña? Emporiso, as nenas e nenos elaboraron un cinto con este peixe, tiznaron as caras, sacamos as propias sardiñas enlatadas á rúa, e as mestras vestímonos de viúvas. Ata o próximo ano 2021!!!

 

 

 

 

 

Entroido 2020

O pasado venres día 21 de febreiro celebramos o Entroido mediante un desfile polas rúas da nosa vila, Viveiro. Xa que estamos a abordar o tema da igualdade entre mulleres e homes, o noso alumnado disfrazouse, despois de traballar o conto "Ricitos de oso" de persoaxes dos contos clásicos, pero cambiando o seu xénero, por exemplo, convertemos a Peter Pan en moza!! Ou en lugar de Carapuchiña, Carapuchiño vermello!! Esperamos que vos guste!

 

 

Día da Muller e a Nena na Ciencia 2020

 

Este 11 de febreiro celebramos este acontecemento, polo que cada unidade participou nun mural adicado a seis grandes mulleres científicas como foron Mae Carol Jemison, Patricia Era Bath, Gloria Twine, Margarita Salas, Christine Darden e Margaret Collins. Amais, fixemos unha escolma de libros para visualizar e potenciar o papel feminino no eido da ciencia.

 

 

 

 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2019

O pasado 25 de novembro celebramos esta data. Consecuentemente, na nosa escola realizamos unha serie de actividades para fomentar conceptos fundamentais como a igualdade entre mulleres e homes. Neste senso, levamos a cabo un enorme mural a modo de crebacabezas, con distintas linguaxes inclusivas (Pictogramas, etc.) no que participaron tódalas unidades deste centro, ademais de impulsar a lectura de obras sobre esta temática, que se expuxeron na entrada.

Día da Paz 2020

Con motivo do Día da Paz deste ano 2020, estamos a decorar a entrada da nosa escola con diferentes imaxes do libro "Imagine" inspirado no mítico tema de John Lennon, ilustrado por Jean Jullien e con prólogo de Yoko Ono Lennon. Ademais, elaboramos unhas chapas con estas mesmas imaxes, e na parte posterior, engadimos un código QR para escoitar a lexendaria canción do  ex-Beetle. 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut