Skip to Content

Actividades Extraescolares e Complementarias

VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS(Fundación Meniños)

 O voso amigo Draco vos envía unha mensaxe...

https://fundacionmeninos.wordpress.com/2020/03/26/draco-tamen-queda-na-casa/ 

 Tamén quere achegarvos material sobre o conto Viaxe ao reino das emocións e as personaxes do mesmo para imprimir, se vos apetece.

 Como todos/as coñecedes a Draco, a personaxe principal do conto, podedes realizar un retrato ou debuxo do mesmo e envialo ao correo familiassanroque@gmail.com

 Como idea para que os nenos/as non perdan contacto co proxecto, as familias poden usar:

a) O xogo O reino das emocións que está dispoñible na páxina web de Milu: http://xogo.mundodemilu.org/

b) Bibliografía sobre as emocións: http://mundodemilu.org/es/21

c) Filmografía sobre as emocións:  http://mundodemilu.org/es/28

 
e) Nova habilidade: adxuntamos unha ficha para que os nenos/as fagan un debuxo sobre algunha nova habilidade adquirida neste periodo de confinamento. Co obxecto de reflexionar sobre estas aprendizaxes e fomentar a construción dunha autoestima ben asentada.
 
f) Unha infografía sobre as aprendizaxes como familia neste periodo http://mundodemilu.org/es/27

 Moito ánimo nestes días.

CANCIÓN ENTROIDO 2019

Si queres escoitar e practicar na casa a nosa canción do entroido só tes que ler o noso código QR

Enterro da sardiña

En colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolares, recompilamos a canción tradicional da nosa localidade para esta festa local e popular coa que remata o Entroido. Representamos o enterro polas rúas de Viveiro, xa que o tempo nolo permitiu, vestidos con camisetas brancas e na cabeza unhas coroas da mesma cor.

PROXECTO EDUCACIÓN VIAL

Distribuir contido


by Dr. Radut