Estamos desexando como cada ano, que chegue o Nadal, nestas datas tan especiais cantaremos, bailaremos, faremos postais para felicitar as festas, adornos con diferentes materiais, cartas para o Apalpador, comeremos doces típicos destas festas e vestirémonos de xeito especial para celebralo.
En poucos días celebraremos unha das festas máis esperadas polos nenos/as, o Samaín, festa de orixe celta que nesta ocasión se centrará nos monstros. As actividades propostas para este mes do medo son:
- Ambientación do cole cos monstros que realizaredes en familia utilizando diferentes recipientes(botes, botellas, bricks...) coa idea de reutilizar. Así como os que realizaremos nos diferentes grupo-aula con outros materiais de refugallo(caixas, bolsas...).
- Visionado de películas e curtas de monstros.
- Lectura dos contos de monstros da Biblioteca de Librín.
- Poción para quitar o medo: podédela imprimi ou decargar clicando no arquivo adxunto.
- O 28 de outubro poderemos vir vestidos con atuendos propios desta festa para dar moito medo. Visitaremos a aula monstruosa e faremos diferentes obradoiros divertidos pero de medo.
Como celebramos esta festa terrorífica? O noso alumnado elaborou arañas con material de refugallo coa axuda das súas familias, co obxectivo de decorar a escola con este becho que da tanto medo! Asemade, na entrada situamos unha exposición de libros de temática de terror, monstros, vampiros, etc. Ha, ha, ha, ha, ha!!!!
A viaxe de Draco xa chega ao seu fin, pero non se quere marchar sen despedirse dos nenos e as nenas da EEI San Roque que o acompañaron durante varios cursos. Aquí tedes a súa carta de despedida e un recordo das súas amizades do Aloia:
Para rematar o curso esta rockeira canción da profe Chus, unha canción optimista que aposta pola liberdade e valora o esforzo realizado neste tempo da pandemia.
Esperamos que a gocedes e que aproveitedes cada minuto que nos queda no cole para recuperar todo o tempo que non puidemos estar xuntos.
Un curso máis seguimos participando neste gran proxecto da Fundación Meniños. Draco quere achegarvos material sobre o conto Viaxe ao reino das emocións e as personaxes do mesmo para imprimir, descargade os documentos adxuntos.
Para que os nenos/as se impliquen no proxecto, as familias poderedes usar:
O grupo LEGO propón numerosas ideas de xogo en familia para divertirse e aprender na casa. A web www.LEGO.com/letsbuildtogether pretende axudar ás familias a crear momentos positivos arredor da experiencia do xogo cos seus fillos/as, unha forma de ofrecer apoio e inspiración aos pais mentres se enfrontan ao desafío de manter aos nenos/as interesados e educados na casa.