Skip to Content

Blogues

Visita ó Eroski Center

O pasado mes de xaneiro, o alumnado de 5º curso (4 anos) visitou o Eroski, situado no centro da nosa vila. Deste xeito, a responsable que nos atendeu, acompañounos e explicounos como funcionaban as diferentes seccións: froitería, peixería, panadería, carnicería, a zona de frío, e o departamento de coidado persoal e estética. Tamén tivemos a oportunidade de realizar xogos para adiviñar alimentos, etc. Esperamos que vos gusten as imaxes!!!

Realidade aumentada

Nestes tempos de confinamento que estamos a vivir, nos que estamos desexando estar en contacto coa natureza, dende Aulas Galegas propóñennos poder visualizar animais a tamaño real, é dicir, en 3 dimensións, empregando o noso propio smartphone. Estes son os pasos:

  • Busca o nome dun animal en Google Chrome
  • Preme na opción Ver en 3D

  • Dálle a Ver no teu espazo.
  • Move o móbil para que apareza en pantalla.

 

Dende Aulas Galegas tamén nos lembran que o teu móbil debe ser compatible con AR CORE e coa tecnoloxía 3D. A continuación, tes un enlace para comprobar se o teu dispositivo dispón da mesma:

https://andro4all.com/2018/07/moviles-compatibles-arcore-realidad-aumentada-google-android

Próbao e non te asustes se aparece un tigre no salón!!!

 

Curtametraxe!!!

Como xa explicamos anteriormente, unha das actividades que levamos a cabo foi realizar unha curta animada partindo do conto "Buscando o norte".

Non nos deu tempo a rematalo, debido ao parón das clases lectivas, pero todo o alumnado estivo traballando con moita motivación e ilusión para poder realizalo: limos e escollimos o conto, preparamos os decorados e as personaxes, gravamos voces, e tamén aprendemos refráns! Aquí tedes algunhas imaxes!

Knolling 2020

O Knolling ou a arte de ver os obxectos dende outra perspectiva, tamén se traballa na nosa escola! Neste caso, durante o tempo anterior ó confinamento, empregamos material de refugallo, e creamos algunhas obras, que podes visualizar a continuación!

 

 

Día Internacional da Muller 2020

Con motivo do Día Internacional da Muller, o pasado 11 de marzo, tivemos unha visita da psicóloga do CIM (Centro de Información á Muller), mediante a cal o noso alumnado realizou unha serie de actividades que podedes visualizar a continuación. Amais, entregamos o libro e o caderno dos Bolechas "Pola igualdade" enviado pola Consellería de Educación. Bota unha ollada ás instantáneas!

 

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA

 

Ola familias! desexamos que vos atopedes todos e todas ben!

Neste novo trimestre que comeza ímosvos  propoñer quincenalmente unha serie de recursos para repasar e reforzar contidos xa traballados durante este curso.

Poderedes atopar, nos enlaces que vos proporcionamos máis abaixo, distintos tipos de actividades e recursos como contos, cancións, manualidades, xogos...habendo ademáis a maiores unha actividade en concreto que, unha vez realizada, nos gustaría que nos mandasedes, no formato que prefirades (word, pdf, jpg...) ós nosos correos electrónicos:

cmsalgado@edu.xunta.es (Candi)

luciaescalera@edu.xunta.es (Lucía)

Esta actividade quincenal deberá ser enviada antes da data límite especificada na mesma.

Dicirvos por último que imos facer un seguimento de ditasactividades durante este trimestre e de igual modo seguímosvos invitando a que participedes nas actividades xerais do colexio como ata o de agora.

Unha aperta moi grande das vosas profes que vos botan moito de menos!

1. O LIBRO DOS RECORDOS. (Actividade para enviar por correo electrónico antes do 22 de maio)

 Como ben sabedes, Librín é un amante dos libros e como, por mor do coronavirus , tivo que pechar a biblioteca e non podemos compartilos con vos, Librín proponnos que fagamos un, pero non un calquera, será o LIBRO DOS RECORDOS, onde os protagonistas seredes cada un de vós:

- Primeiramente, xuntos coas vosas nais e/ou vosos pais, ou de maneira independente, podedes elaborar unha lista, escribindo os nomes das nenas e nenos da vosa clase e as vosas mestras/es. Os integrantes dese lista serán os protagonistas. 

- Cada día realizaredes unha páxina do libro: nun folio poñeredes de título un nome dun membro da vosa clase ( compañeiro/a, mestre/a ou ti mesma/o), faredes un debuxo del ou dela e escribiredes unha palabra ou frase en positivo que o/a caracterice ( exemplo: a profe Candi é moi simpática). Poderedes escribir a frase ou palabra de maneira autónoma ou ben solicitando axuda doutra persoa.

- Cando rematedes de realizar todas as páxinas do libro tan só vos quedará facer unha portada que o represente e grapala ou pegala.

2. COMPRENDEMOS OS SISTEMAS DE ESCRITURA NO DESENVOLVEMENTO DO/A NENO/A.

Para traballar cos nenos e nenas a lectoescritura é interesante que botedes un vistazo ós sistemas de escritura no desenvolvemento dos nenos e nenas que propoñen Emilia Ferreiro e Ana Taberosky.

https://www.slideshare.net/evaeinfantil/apropiacin-del-cdigo-escrito

3. O ROCK DAS EMOCIÓNS 


4. RESPIRAMOS


5. FACEMOS PLASTI!!


6. CONTAMOS, CONTAMOS E CONTAMOS

É  moi importante contar e contar elementos dispostos de forma diferente. Podemos contar figuras, pinzas, macarróns, pedras, lentellas, tapóns, rotuladores...

Os pais, nais, avós, avoas, irmáns maiores...poñerán os elementos a contar en disposicións diferentes: en liña recta, en círculo, en cruz e de forma desordeada, poderemos comezar con poucas cantidades e ir engadindo segundo vaiamos observando que o neno ou nena controla.

 

Outra actividade a realizar pode ser a seguinte:

Podemos escribir os números nuns paus de madeira ou noutros soportes que poidades ter pola casa( rolos de papel, palliñas...) e logo colocar tantas gomas como manda o número.

Tamén podedes xogar á inversa: o adulto dálle a volta ós paus ( de forma que non se vexa o número)pon as gomas e o/a neno/a terá que contalas. Cando remate, o/a neno/a xirará o pau para comprobar si as gomas contadas se corresponden co número.

7. LEMOS OS CONTOS DAS PROFES E DO PROFE DO COLE!

Por se algún de vós ainda non veu os contos que elaboramos as profes e o profe do cole, quedades invitados a velos no seguinte enlace:

http://bibliotecalibrin.blogspot.com/

 

 

 

ACTIVIDADES QUINCENAIS

Queridas familias:

A partir de agora as titoras de sexto propoñemos una serie de actividades quincenais para os nosos nenos e nenas. A finalidade é a de que repasen os contidos propios do noso nivel educativo, reforzando todo o aprendido.

As tarefas propostas dividiranse en dous grupos:

1ºActividades a realizar todas as semanas:

  • Ler un pouquiño todos os días.

  • Contarlles algún conto e logo realizarlles preguntas sobre o mesmo, para traballar a comprensión.

  • Rodear nun calendario o día no que están, nomeando o mes, a estación do ano e o tempo atmosférico (podedes utilizar o calendario de Voz Natura que entregamos ás familias no Nadal)

  • Copiar unha oración aleatoria, tanto en minúscula coma en maiúscula (nunha libreta de pauta ancha ou nun folio realizando as liñas cunha regra, non é necesario imprimir).

  • Palabras cruzadas: escribir palabras a partir dunha primeira elexida polos nenos e nenas.

Exemplo:

PELOTA

     AMIGO

      TOMATE

 OSO

  • Realizar nun folio unha suma e unha resta sinxelas (non é necesario imprimir).

  • Debuxar.

  • Identificación das diferentes formas xeométricas (a través de imaxes, xogos, cousas que atopamos na casa…).

 

 

 

2ºActividades para unha quincena concreta:

Serán actividades específicas para esa quincena (ademáis das anteriores que son máis xerais e para realizar todas as semanas).

O noso obxectivo é o de realizar un pequeno seguimento dos nosos alumn@s durante este trimestre e estar en contacto coas familias.

Estas actividades son específicas para o noso nivel, polo tanto non debedes envialas ao correo electrónico do colexio, xa que nese correo soamente se enviarán as actividades propostas polo centro: día do libro, da poesía, deporte na casa, letras galegas…

Esta actividade do noso nivel será enviada aos nosos correos persoais a través de fotografías, para poder realizar un seguimento máis individualizado:

anasolla@edu.xunta.es

grego@edu.xunta.es

Moitos recordos e unha aperta enorme para os nosos nenos e nenas.

Moito ánimo!!

 

Ana e Genma.

EXEMPLIFICACIÓNS

ARTE CON FORMAS XEOMÉTRICAS

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippintorantonio/system/files/ARTE%20CON%20FORMAS%20XEOM%C3%89TRICAS-1.pdf

CALIGRAFÍA

http://www.polavide.es/f_cal_ort_PDF/mmcopia2.pdf

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES DA QUINCENA

(11 /05/2020 - 24 /05/2020)

1º- ACTIVIDADES XERAIS.

2º- ACTIVIDADE QUINCENAL:

Realización dunha actividade plástica sobre as profesións na rúa e que tanto están a traballar neste confinamento (bombeiros, policía, garda civil, recolledores de lixo, persoal de ambulancias...), utilizando todo tipo de material que teñades na casa.

A actividade pode ser un mural con debuxos e recortes, unha maqueta, bonecos con material de refugallo… Deixamos libre a vosa imaxinación e creatividade.

Moito ánimo!!

 

 

XOGAMOS COA LINGUAXE CANTANDO

Moi bo día e boa semana a todos e todas!

Hoxe publico novas propostas para xogar coa linguaxe utilizando cancións.

Empezamos quentando a lingua

Despois podemos xogar un pouco variando o noso volume e velocidade da voz:

Despois de ter a voz xa ben quente, xogamos a ir sacando palabras cunha canción ben coñecida:

E xa para profesionais...podemos xogar a cambiar as vogais!:

 

A pasalo ben!! Unha forte aperta!

Distribuir contido


by Dr. Radut