1º- ACTIVIDADES XERAIS.
-
Ler un pouquiño todos os días.
-
Contarlles algún conto e logo realizarlles preguntas sobre o mesmo, para traballar a comprensión.
-
Rodear nun calendario o día no que están, nomeando o mes, a estación do ano e o tempo atmosférico (podedes utilizar o calendario de Voz Natura que entregamos ás familias no Nadal)
-
Copiar unha oración aleatoria, tanto en minúscula coma en maiúscula (nunha libreta de pauta ancha ou nun folio realizando as liñas cunha regra, non é necesario imprimir).
-
Palabras cruzadas: escribir palabras a partir dunha primeira elexida polos nenos e nenas. Exemplo:
- PELOTA
- AMIGO
- TOMATE
- OSO
-
Realizar nun folio unha suma e unha resta sinxelas (non é necesario imprimir).
-
Debuxar.
-
Identificación das diferentes formas xeométricas (a través de imaxes, xogos, cousas que atopamos na casa…).
2º- ACTIVIDADE: ARTE NA ESCOLA.
Tendo en conta a proposta da páxina principal da nosa
web, propoñemos a realización dun debuxo da familia.
A través do video coñeceredes a obra de moitos pintores
galegos e moi coñecidos.
Ánimo artistas, esperamos as fotos das vosas obras de
arte.
O prazo de entrega do debuxo será ata o o día 15 de xuño
e debe ser enviado ao correo electrónico do cole.
familiassanroque@gmail.com.
Ata pronto !!