Aproveitando a celebración do DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA, o 25 de Novembro, empregamos a lectura do libro "Artur e Clementina" para concienciar aos nenos e nenas da importancia de ser respetuos@s e falar da diversidade, da igualdade e da liberdade de ser cada un quen é.
Este fermoso libro conta a historia de dúas tartarugas que se namoran e casan moi felices, pero unha vez xunos, Artur comeza a amosar actitudes negativas con Clementina e faina sentir moi mal, pensando que é parva e que non sirve para nada na vida.
Finalmente, abre os ollos, e decide marchar soa a disfrutar dos seus soños e ilusións, deixando a Artur e sen voltar nunca máis.