Skip to Content

Comedor

NOVAS DE COMEDOR 2022-23

Toda a nova información do comedor para este curso 2022-23 prema na imaxe.

 

 

NORMATIVA COMEDOR

Curso: 2022- 2023

Horario de comedor: 14:00 a  16:00 horas

Espazo:Planta superior do Centro.

Nª de coidadoras: 1-2 coidadoras de ARUME.

Modalidade de xestión: xestión de comedor escolar por entidade privada sen ánimo de lucro (ANPA E FOANPAS)

Empresa : ARUME

Normativa reguladora:

 Decreto 132/2013 do 1 de agosto de regulamento de comedores escolares de centros docentes públicos ( anexado a este documento)

Contrato coa empresa de servizo de comedor Arume, que recolle as bases do convenio de colaboración coa Consellería de educación do Concello de Vigo para o curso 2017 – 2018

Plan de activación de emerxencias en comedores escolares: As actuacións que se levarán a cabo en caso de accidentes no horario do servizo de comedor, seguirán o protocolo proposto por ARUME.

CONTA DA ANPA: ES36 2080 5040 5830 4002 1110

 

NORMATIVA XERAL

1º A cuota anual da ANPA consiste nun so pago de 20 euros por unidade familiar máis 10 euros por cada irmá que  tamén asista,   en concepto  de  CUOTA DE XESTIÓN DE COMEDOR. É obrigatoria para todos os nenos que asisten ao comedor. Ingresarase na conta bancaria da ANPA  antes do comezo do seu uso pola necesidade de xestionar o seguro escolar de comedores. Todos os nenos/as que asisten ao comedor teñén un seguro escolar que lles cubre calquera accidente no periodo de 14:00 a 16:00 h.

Se a incorporación ao comendor prodúcese co curso xa avanzado, pagarase a parte proporcional correspondente.

Os nenos/as que non paguen a cuota da ANPA terán que aportar unha pequeña cuantía económica para as excursións ou saídas escolares que precisen autobús escolar ou pago de entrada á actividade. Tampouco terán dereito á orla que se lles entrega na graduación en 6º de EI..

2º O horario do comedor  será de 14 a 16 horas. Todos os nenos/as deberán ser recollidos antes das 16:00. En caso de retraso avisarase as autoridades correspondentes para que se fagan cargo do neno/a.

3º Un responsable  da ANPA pasará diariamente antes das 9:20h. a revisar o número de nenos/as que asistirán ao comedor cada día( mentres dure a pandemia realizarán esta tarefa as mestras). Se por algunha razón o neno/a non está a esa hora no centro ou se incorpora máis tarde ( sempre con xustificante,  os pais deberán avisar por teléfono ao centro antes das 9:15 para pedir servizo de comedor. En caso contrario terán que vir a recollelo as 14:00h. Aqueles pais que reserven comida e posteriormente decidan non traer ao neno/a  á escola, deberán abonar esa comida. O teléfono do centro é 886120225

4º As faltas reiteradas de comedor sen un xustificante válido poden causar a perda da beca do Concello. O centro está obrigado a informar á Benestar Social do Concello de ditas ausencias.

5º Calquera pago que se faga na conta da ANPA deberá levar  sempre o nome do neno/a e o concepto (cuota anual ou mes correspondente. Exemplo: comedor EEI Rúa Hernán Cortés, mes de octubre 2018, María López Díaz).

6º O titor/pai/nai  que solicitou a beca deberá firmar mensualmente   a recepción da mesma. O listado de firmas o facilitará o Centro Escolar.

7º Para pedir un cambio de menú por motivos de saúde hai que chamar á ANPA ou ao Centro antes das 9:15, ou avisar na entrada ás 9:00.Aqueles alumnos que permanentemente teñan unha dieta especial por alerxias ou intolerencias deberán traer un certificado médico. Os alumnos/as de cultura musulmana teñen dereito a unha dieta sen porco.

8º As faltas graves e/ou reiteradas de comportamento no horario de comedor poden facer perder o dereito a súa asistencia previo aviso ás familias.

9ºAqueles alumnos que non asistan á xornada escolar non teñen dereito a vir ao comedor, agás que presenten un xustificante médico de asistencia a unha terapia ou rehabilitación periódica. Nunca poderá asistir pasadas as 14:30h. 

10º Os representantes da ANPA con cargo directivo, non poderán seguir exercendo o seu cargo se non teñen actualizados todos os pagos coa ANPA.

11º Non se poderá recolller aos nenos de comedor antes das 15:30h a excepción de que haxa unha causa xustificada, polo que deberá presentarse o xustificante acreditativo.

12º Calquera dúbida ou aspecto non recollido nesta normativa deberá ser consultada coa dirección da ANPA.

 

Acuacións  con ACNEAE/ alumnos con necesidades educativas específicas):

En caso de que o ditame de escolarización o aconselle, a atención e coidado destes alumnos en horario de comedor, será por parte dunha coidadora asignada pola Xunta de Galicia.

Se a coidadora dos ACNEAE non está presente en horario do servizo de comedor, os alumnos ao seu cargo non poderán disfrutar deste servizo. Informarase aos pais do xeito máis inmediato posible para que veñan a recoller aos nenos/as á hora de rematar a xornada escolar docente (14:00 horas).

 

 

COMPORTAMENTO E DISCIPLINA

Durante o horario de comedor, os alumnos/as cumprirán as normas de hixiene e comportamento que establezan as coidadoras de acordó coa ANPA e aprobadas en Consello Escolar. Estas normas estarán expostas no comedor nun lugar visible.

A coidadoras cubrirán diariamente un parte de incidencias do comedor e o entregarán ao responsable do ANPA. En caso de faltas graves poden perder o dereito de asistencia ao comedor previo aviso ás familias e o Concello, en casos de ser becadosl.

CURSO 2022 -2023

PREZOS 

*Os/as alumn@s que fagan uso do comedor escolar esporadicamente, é dicir, que non coman días fixos na semana, deberáselles cobrar 6€, xa que non poden ser beneficiarios/as das axudas fixas, que son as que permiten abaratar os custes.

5 días á semana………………..80,50 euros/mes

4 días á semana………………..67,00 euros/mes

3 días á semana………………..53,00 euros/mes

2 días á semana………………..36,00 euros/mes

1 días á semana………………..18,00 euros/mes

OS ALUMNOS ALUMN@S ESPORÁDICOS: 6 euros por comida.

O PAGO DO RECIBO DE COMEDOR FARASE POR ADIANTADO NOS 10 PRIMEIROS DÍAS DO MES. No caso de non facelo non poderán seguir asistindo ao servizo de comedor. 

 

O alumnado con beca de comedor non terá que abonar as mensualidades.

 

HORARIO

De 14.00h a 16.00h

Distribuir contido


by Dr. Radut