Bos días amiguiños e amiguiñas! Ao longo destes meses realizamos un montón de actividades e tarefas que nos permitiron abrirnos cada día máis ao mundo que nos rodea.
Continuamos co noso proxecto "De Galicia para o Mundo", rematamos con Italia e tamén indagamos en China! O que máis nos gustou foi a Gran Muralla China e o seu fin de ano!
Tamén levamos a cabo diferentes talleres e unha nova secuencia didáctica a partir do conto "O Monstro de Cores" o cal nos permitiu coñecer moito máis as nosas as emocións, a nós mesmos, aos demais...
Así mesmo, celebráronse diferentes conmemoracións entre a que se atoparon o Día da Muller, para o que se realizou unha actividade polo CIM, ou o Día de Rosalía de Castro, para a cal preparamos unha instalación no patio da nosa escola cos nosos debuxos e cartelería.
Por outra banda, o mes de marzo adicámolo á saúde, dado que en dito mes se encadra o Día da Muller e agora en Semana Santa tiña lugar o Día Mundial da Saúde. Para elo contamos coa visita de diferentes especialistas como unha actividade do máis interesante! Veunos a visitar a mamá dunha nena da escola, especialista e técnica de raios que nos explicou a súa orixe, relevancia... Tamén veu a tía doutra nena da escola, médica do 061 e que nos deu unhas nocións básicas pero moi importantes en canto a Primeiros Auxilios e como responder ante unha emerxencia. E para rematar, levamos a cabo a actividade Hospital dos Osiños, xunto ás restantes unitarias do Concello, no cal os nenos, da man da Asociación Meiga e de estudantes de mediciña da USC, vivían en primeira man o proceso de ir ao hospital e realizar diferentes probas, incluso poñéndose no papel dos médicos!
Para rematar o trimestre, e con motivo da celebración da Pascua no noso Concello, realizamos un ScapeRoom que así mesmo consistía na procura dos oviños de pascua! Todo un reto e do máis divertido!
En defintiva, un montón de actividades polo que vos invitamos a que vexades as fotografías na nosa galería, entre as que se atopa o seguinte álbum!
Ata pronto!
Álbum: Saídas -> Hospital dos Osiños