Skip to Content

Escolares

Curso 2023/24

Taller de Robótica

14/03/2024 12:50

Felicitación de Nadal 2023

Adeus outubro!

Ola amiguiños e amiguiñas!

Este mes de outubro continuamos coa toma de contacto na escola! Estamos realizado as secuencias de outono e Sonia Delaunay e xa rematamos a de samaín!

Tamén o pasado 31 de outubro tivemos a celebración do magosto e do samaín xunto á EEI de Arretén na nosa escola!

Animámosvos a que vexades unhas fotografías na nosa galería!

Ata pronto!

Álbum: Secuencias didácticas -> Sonia Delaunay

Primeiros días na escola

Bo día amiguiños e amiguiñas, estes primeiros días estivemos coñecendo aos novos amigos, novos espazos e materias e tamén á profe!

A continuación deixámosvos unha galería con algunhas fotos dalgunhas cousas que estivemos facendo.

Ata pronto!

Álbum: Xeral -> Inicio de curso 2023/24

Fin de curso 2022/23

Rematamos un curso cheo de moitas vivencias, ilusións e sobre todo aprendizaxes! Toca despedirse por este ano inolvidable e ver o que nos deparará o próximo curso 2023/24 que virá cheo de novidades, novas caras e para algúns dos pitufos da Ponte suporá unha nova etapa nunha nova escola "de maiores" como din eles e que sen dúbida lles permitirá que continúen converténdose en pequenas pero grandes persoas! 

Para todos vós moito ánimo e que saibades que a Escola da Ponte sempre será a vosa escoliña e o voso fogar!

Para os que continuades e comezades o próximo curso na escola vide coas pilas suuupercargadas porque novas aventuras vos depararán!

Aquí vos quedan unhas fotografías dos últimos días da escola nos que celebramos o fin de curso, o festival e a graduación.

Ata pronto!

Álbum: Curso 2022-23 -> Festa de fin de curso, festival e graduación do alumnado de 6º de EI

Adeus abril!

Bos días amiguiños e amiguiñas, pechamos abril con un montón de aprendizaxes ás nosas costas.

Continuamos indagando no noso proxecto, máis en concreto en EEUU. Tamén realizamos unha secuencia didáctica a partir do conto "A Eiruga Comellona".

Ademais co fin de coñecer a nosa contorna mellor realizamos unha saída á Finsa xunto á EEI de Arretén onde o pasamos de marabilla e onde nos coidaron estupendamente!

Tamén con motivo da celebración da semana do libro adquirimos novos contos para a nosa biblioteca da aula e contamos cun contacontos da man de Electra de Pedras de Papel xunto a un obradoiro no que elaboramos persoaxes de contos.

Tamén nos gustaría darlle as grazas a Elefantes e Castelos (Padrón) por todo o material e pola cociña coa que nos agasallaron!

Podedes ver novas fotografías na nosa galería!

Ata pronto!

Rematamos un trimestre cheo de moitas experiencias!

Bos días amiguiños e amiguiñas! Ao longo destes meses realizamos un montón de actividades e tarefas que nos permitiron abrirnos cada día máis ao mundo que nos rodea.

Continuamos co noso proxecto "De Galicia para o Mundo", rematamos con Italia e tamén indagamos en China! O que máis nos gustou foi a Gran Muralla China e o seu fin de ano! 

Tamén levamos a cabo diferentes talleres e unha nova secuencia didáctica a partir do conto "O Monstro de Cores" o cal nos permitiu coñecer moito máis as nosas as emocións, a nós mesmos, aos demais...

Así mesmo, celebráronse diferentes conmemoracións entre a que se atoparon o Día da Muller, para o que se realizou unha actividade polo CIM, ou o Día de Rosalía de Castro, para a cal preparamos unha instalación no patio da nosa escola cos nosos debuxos e cartelería.

Por outra banda, o mes de marzo adicámolo á saúde, dado que en dito mes se encadra o Día da Muller e agora en Semana Santa tiña lugar o Día Mundial da Saúde. Para elo contamos coa visita de diferentes especialistas como unha actividade do máis interesante! Veunos a visitar a mamá dunha nena da escola, especialista e técnica de raios que nos explicou a súa orixe, relevancia... Tamén veu a tía doutra nena da escola, médica do 061 e que nos deu unhas nocións básicas pero moi importantes en canto a Primeiros Auxilios e como responder ante unha emerxencia. E para rematar, levamos a cabo a actividade Hospital dos Osiños, xunto ás restantes unitarias do Concello, no cal os nenos, da man da Asociación Meiga e de estudantes de mediciña da USC, vivían en primeira man o proceso de ir ao hospital e realizar diferentes probas, incluso poñéndose no papel dos médicos!

Para rematar o trimestre, e con motivo da celebración da Pascua no noso Concello, realizamos un ScapeRoom que así mesmo consistía na procura dos oviños de pascua! Todo un reto e do máis divertido!

En defintiva, un montón de actividades polo que vos invitamos a que vexades as fotografías na nosa galería, entre as que se atopa o seguinte álbum!

Ata pronto!

 

Álbum: Saídas -> Hospital dos Osiños

Vacacións de Semana Santa

31/03/2023 14:15
10/04/2023 23:59

Xaneiro, Febreiro e... ENTROIDO!

Bos días amiguiños e amiguiñas! Ao longo destes meses, dende que voltamos de Nadal, estivemos sen parar polo que agora que temos unha pequena pausa imos a contarvos tooodo o que fixemos.

Continuamos indagando en Italia e á volta do Entroido espéranos un novo país que virá da man do Principiño... a onde nos levará? Xa vos contaremos!

Xa rematamos a secuencia didáctica de artistas matemáticos e a profe díxonos que á volta teriamos tamén unha sorpresa, que será? Díxonos que era algo de mooitas cores...

Tamén contamos coa visita de Susa Herrera, que nos veu a dar un concerto á escola onde o pasamos estupendamente! Ainda temos as súas cancións nas nosas cabezas!

Celebramos tamén o cumpleaños dun dos nosos compañeiros e o Día Escolar da Paz. Por parte do Concello de Padrón, contamos cunha actividade para celebrar o Día de Rosalía de Castro e que celebraremos na nosa escola á volta do Entroido.

Así mesmo, levamos a cabo diferentes obradoiros, un de arte, música e movemento e outro para elaborar os disfraces do Entroido. Este celebrámolo xunto aos nosos amigos e amigas da EEI da Arretén. Alí realizamos unha actuación musica, un pasarrúas e degustamos doces típicos destas datas.

Invitámosvos que vexades as diferentes fotografías na galería.

Ata pronto!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut