Skip to Content
O ENSINO QUE DEIXA PEGADA NON É O QUE SE FAI DE CABEZA A CABEZA, SENÓN DE CORAZÓN A CORAZÓN

Saída a Boiro - Plan Director (Garda Civil)

O luns 13 de novembro realizamos unha saída a Boiro ao CEIP Santa Baia para participar na Exhibición Solidaria dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Entornos.

Álbum: Saídas -> Saída a Boiro ao Plan Director da Garda Civil

Taller do 25N polo CIM - Concello de Padrón

Álbum: Xeral -> 25 de Novembro: Taller do CIM - Concello de Padrón

Saída ao auditorio de Santiago de Compostela a ver "O neno de pau"

O NENO DE PAU 

3 NOVEMBRO

Álbum: Saídas -> Saída ao Auditorio de Galicia a ver "O neno de pau"

Adeus outubro!

Ola amiguiños e amiguiñas!

Este mes de outubro continuamos coa toma de contacto na escola! Estamos realizado as secuencias de outono e Sonia Delaunay e xa rematamos a de samaín!

Tamén o pasado 31 de outubro tivemos a celebración do magosto e do samaín xunto á EEI de Arretén na nosa escola!

Animámosvos a que vexades unhas fotografías na nosa galería!

Ata pronto!

Álbum: Secuencias didácticas -> Sonia Delaunay

O Concello de Padrón e Finsa colaboran nas melloras da Escola de Educación Infantil ‘Pontecesures’ en A Ponte

Compartimos con todos vós a nova publicada polo Concello de Padrón.

Primeiros días na escola

Bo día amiguiños e amiguiñas, estes primeiros días estivemos coñecendo aos novos amigos, novos espazos e materias e tamén á profe!

A continuación deixámosvos unha galería con algunhas fotos dalgunhas cousas que estivemos facendo.

Ata pronto!

Álbum: Xeral -> Inicio de curso 2023/24

BENVIDOS/AS AO CURSO 2023/24

Fin de curso 2022/23

Rematamos un curso cheo de moitas vivencias, ilusións e sobre todo aprendizaxes! Toca despedirse por este ano inolvidable e ver o que nos deparará o próximo curso 2023/24 que virá cheo de novidades, novas caras e para algúns dos pitufos da Ponte suporá unha nova etapa nunha nova escola "de maiores" como din eles e que sen dúbida lles permitirá que continúen converténdose en pequenas pero grandes persoas! 

Para todos vós moito ánimo e que saibades que a Escola da Ponte sempre será a vosa escoliña e o voso fogar!

Para os que continuades e comezades o próximo curso na escola vide coas pilas suuupercargadas porque novas aventuras vos depararán!

Aquí vos quedan unhas fotografías dos últimos días da escola nos que celebramos o fin de curso, o festival e a graduación.

Ata pronto!

Álbum: Curso 2022-23 -> Festa de fin de curso, festival e graduación do alumnado de 6º de EI

Matrícula curso 2023/24

DO 20 AO 30 DE XUÑO, REALIZARASE A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DOS/DAS ALUMNOS/AS ADMITIDOS/AS.

PARA A REALIZACIÓN DO TRÁMITE O CENTRO PORASE EN CONTACTO COAS FAMILIAS PARA CONCRETAR UNHA CITA PREVIA.

 

RECOMENDACIÓN PARA ACUDIR AO CENTRO

- ACUDIR CON CITA PREVIA NO DÍA E HORA CITADOS.

- PREFERIBLEMENTE TRAER A DOCUMENTACIÓN IMPRESA E CUMPRIMENTADA.

 

DOCUMENTOS A PRESENTAR

- PODEN DESCARGAR AQUÍ OS DOCUMENTOS A PRESENTAR

 

Adeus abril!

Bos días amiguiños e amiguiñas, pechamos abril con un montón de aprendizaxes ás nosas costas.

Continuamos indagando no noso proxecto, máis en concreto en EEUU. Tamén realizamos unha secuencia didáctica a partir do conto "A Eiruga Comellona".

Ademais co fin de coñecer a nosa contorna mellor realizamos unha saída á Finsa xunto á EEI de Arretén onde o pasamos de marabilla e onde nos coidaron estupendamente!

Tamén con motivo da celebración da semana do libro adquirimos novos contos para a nosa biblioteca da aula e contamos cun contacontos da man de Electra de Pedras de Papel xunto a un obradoiro no que elaboramos persoaxes de contos.

Tamén nos gustaría darlle as grazas a Elefantes e Castelos (Padrón) por todo o material e pola cociña coa que nos agasallaron!

Podedes ver novas fotografías na nosa galería!

Ata pronto!

Distribuir contido


by Dr. Radut