PRAZOS E INFORMACIÓN
RESERVA DE PRAZA 16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO. |
Reserva de praza para o alumnado de 6º de EI do noso centro que desexe ser adscrito ao CEIP FLAVIA:
|
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
|
Realizaranse visitas polas mañás ou polas tardes con cita previa. Contactar no 618 173 242 ou no email eei.pontecesures@edu.xunta.gal |
VACANTES ANTES DO 1 DE MARZO.
|
Publicación das vacantes que hai na escola. |
SOLICITUDES 1 AO 20 DE MARZO. |
(*) Nestes casos anteriores a instancia deberá ser entregada na escola e no prazo indicado.
|
DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA 10 días hábiles a partires dos dous días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
|
Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo. |
LISTAXES PROVISIONAIS 25 DE ABRIL |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Poderanse formular reclamacións contra as listaxes no prazo de 5 días contados desde o seguinte ao da súa publicación.
|
LISTAXES DEFINITIVAS 15 DE MAIO |
Unha vez resoltas as reclamacións presentadas procédese á publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido. Contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo dun mes.
|
MATRÍCULA 20 AO 30 DE XUÑO
|
Formalización da matrícula do alumnado admitido |
LEXISLACIÓN E INFORMACIÓN XERAL
Lexislación
Información xeral
OFERTA DE PRAZAS 2024-2025.
As vacantes definitivas en cada un dos niveis publicaranse antes do 1 DE MARZO.
O número de solicitudes presentadas irase actualizando a diario.
Horario de de entrega de documentación durante o proceso: Luns a venres de 09:00h a 14:00h. Recoméndase chamar previamente ou escribir ao email da escola xa que podemos estar realizando algunha saída.
NIVEL |
VACANTES | RESERVA (*) | TOTAL | SOLICITUDES |
Aula mixta 4º, 5º e 6º de Educación infantil |
13 | 3 | 16 | 5 |
Reserva(*): Prazas reservadas para alumnado con NEAE. Aquelas non solicitadas acumularanse á quenda ordinaria.