Skip to Content

Ed. infantil

NINGÚN ARO SEN REDE

A nosa escola ven de participar na campaña Ningún Aro sen rede, iniciativa da Fundación Breogán en colaboración coa Uned. Acompañáronnos: Salva Arco (Fundación Breogán), Ana Traseira (directora da Uned) e Sergi Quintela (xogador do Breogán).

Agora a nosa canasta xa luce rede, por certo, reciclada!

MAGOSTO 2022

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

Hoxe, 17 de novembro, conmemórase o DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA e que mellor xeito de celebralo que debatendo sobre os DEREITOS DA INFANCIA (20 de novembro).

Se queredes ollar as opinións do noso alumnado, clica na imaxe.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA..

Velaquí vai o reto da Burra Castaña para conmemorar o Día das Bibliotecas (24 de outubro). Recordade traer a resposta escrita nun papeliño para poder recibir o agasallo que a nosa mascota vos ten preparado.

EXPLORANDO CON BEE BOT

Este venres, 14 de outubro pasou pola nosa escola, María Iglesias (Graduada en Educación Infantil). Grazas a ela coñecemos un novo robot, neste caso o BEE BOT. Unha xornada STEAM moi agradable.

SAÍDA AO MIHL

O venres,7 de outubro o noso alumnado tivo a oportunidade de visitar a exposición A REVOLTA DOS CLICKS, ubicada no MIHL. Queredes saber cómo nos desplazamos ata alí?... nada máis e nada menos que en BUS URBANO.

BO VERÁN, FAMILIAS!

XADREZ CON XAQUEDRUM!

Os venres 3, 10 e 17 o alumnado de 4º, 5º e 6º de infantil tiveron a oportunidade de iniciarse no XADREZ da man dos monitores de XAQUEDRUM. Dita actividade estaba ofertada e financiada pola Concellaría de Educación.

AÍ VÉN O MAIO...

Distribuir contido


by Dr. Radut