MATRÍCULA CURSO 2022/2023
O alumnado de 4º educación infantil admitido no centro deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño ambos incluídos, segundo o previsto no artigo VI da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Horario para os días 20, 21 e 22: 9.30 a 11.15h.
Horario a partir do día 22: de 9 a 14h.
Entregarase na secretaría do centro a documentación que a continuación se relaciona.
- IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (documento adxunto).
- FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA (só as familias que non entregaron copia en marzo)
- FOTOCOPIA DA TARXETA DE PRESTACIÓN SANITARIA DA ALUMNA/O.
- FOTOCOPIA DOS DNI DOS PROXENITORES (só as familias que non entregaron copia en marzo).
- INFORME MÉDICO NO QUE CONSTE QUE, DESDE O PUNTO DE VISTA SANITARIO, A ALUMNA/O NON PADECE ENFERMIDADE INFECTO-CONTAXIOSA E SE ATOPA EN CONDICIÓNS DE MATRICULARSE NUN CENTRO ORDINARIO.
- COPIA DA CARTILLA DE VACUNACIÓN DA ALUMNA/O.
- NO CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, COPIA COMPULSADA DA SENTENZA XUDICIAL E/OU DO CONVENIO REGULADOR ONDE CONSTE A CUSTODIA DA ALUMNA/O.
- OPCIÓN SOBRE O ENSINO DA RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA (documento adxunto).
- AUTORIZACIÓN USO DA IMAXE PERSOAL DO ALUMNADO (documento adxunto).
- CUESTIONARIO SOBRE A LINGUA MATERNA DO ALUMNADO (documento adxunto).
- 2 FOTOS TAMAÑO CARNET.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMPRESO_FORMALIZACIÓN_MATRÍCULA EDITABLE.pdf | 142.56 KB |
RELIXIÓN_ATENCIÓN_EDUCATIVA.pdf | 45.95 KB |
AUTORIZACIÓN_DE_USO_DA_IMAXE_DO_ALUMNADO EDITABLE.pdf | 25.66 KB |
CUESTIONARIO_LINGUA_MATERNA.pdf | 41.7 KB |