blog da biblioteca

DÍA DO TEATRO: sombras e maquillaxe

AQUÍ DEIXÁMOSVOS ALGÚNS DOS TEATRIÑOS QUE FIXERON OS VOSOS AMIGOS E AMIGAS  COA AXUDA DAS SÚAS FAMILIAS.     

                  ENCANTÁRONNOS !!!!

 


 

 

E XOAN CONVERTEUSE EN CAN! 

  

 

 

Día do Libro Infantil

 

Boa tarde rapazas e rapaces:

O vindeiro 2 de Abril, celebraríamos na escola o Día do  Libro Infantíl e Xuveníl.

Agora que non o podemos celebrar na escola, queremos que o celebredes dende a vosa casa.

A proposta é a seguinte:

  •  Escolle un libro infantil, dos que te leen na túa casa, pode ser en galego, castelán ou inglés.
  •  Podes facer calquera de estas opcións:

                  ---- faite unha foto xunto o teu libro 

                  ---- podes contarnos o conto: a través dun video ou dunha gravación de voz.

Estarei agardando as vosas propostas, que serán publicadas a partir do 2 de Abril.

 

           

          

 

Aquí tedes novas propostas

Bos días rapaces e rapazas:

 

Hoxe quere comentaros que existen moitas maneiras de seguir aprendendo cousas. nos seguintes enlaces podedes ver contos, películas en galego,actividades lúdicas para toda a familia...

 

A Editorial Kalandraka, ten un canal no que podes ver: videos, contos... e tamén cantar e contar.

 

 Os Bolechas, teñen un canal con xogos, libros e un área didáctica.

 

 A Editorial OQO, ten unha cantidade de filmes que podedes ir vendo.

 

 

 

A Fada do Alba dende a casa

Bo día rapazas e rapaces:

 

Xa sei que levades moitos días na casa e que estades a facer moitas actividades das que vos propoñen as mestras da escola.

Vótovos moito de menos na Biblioteca, está moi silenciosa sen os vosos faladoiros, os xogos e sen as vosas actividades.

Que vos parece se facemos unha cousa ......  xa que non podedes levar un conto a vosa casa, eu usarei este blog para deixarvos contos, videos e algunha cousiña máis.

 

Hoxe imos comezar cun video de José Saramago, adicado a primaveira, acompáñao Emilio Aragón dirixindo a Orquesta Sinfónica de Tenerife.

 

        A FLOR MAIS GRANDE DO MUNDO

 

 

Carreira da auga

AQUÍ DEIXAMOS AS FOTOS QUE NOS VAN CHEGANDO DA CARREIRA "PINGAS PARA NÍXER", SEMPRE ESTADES A TEMPO DE FACELA SE NON A FIXESTES E MANDARNOS AS FOTOS. DIVERTÍMONOS MOITO.

 

Contos

 

https://dosilustrados.com/

Neste enlace atoparedes catro contiños que podedes ler gratuitamente. Poida que caduque mañá.

Coronavirus Conto

 

Ola, amiguiños e amiguiñas, seguro que estes días oides falar moito deste bechiño que non se ve pero que está a facer tanto dano, para poder coñecelo mellor, pinchade na imaxe. Entre tod@s faremos que se marche pronto. 

Coidádevos moito

 

Distribuir contido