blog da biblioteca

Por fin fóra de casa

XA SAÍMOS DA CASA

 

 

  Bo día amiguiños e amiguiñas, que tal ese paseo que déchedes pretiño da vosa casa?

Seguro que foi moi moi especial e divertido volver a pisar  as beirarrúas aínda que non puideras xogar cos amigos.

Breixo e a súa familia queren agasallarte cun conto para que sepas o que tés que facer. Pincha na imaxe.

 

 

 Hoxe voute amosar algúns cortos , dos que traballamos " No Reino das Emocións" sobre a importancia do traballo en equipo, igual que fixemos estes días quedánnos todos en casa e axudando  nesta situación.

Eu quero saber como te sentiches cando puideches saír coa túa familia e crees un emoticono nun folio da túa emoción.

( podes buscar no móvil diferentes emoticonos ).

Con todos os que me enviades farei un collage xigante.

  

 

 

   

                       

 

Día do Libro

 

FELIZ DÍA DO LIBRO

 

Bos Días Canguros, Tigres e Botóns:

Hoxe teriamos na escola a celebración do Día do Libro, nesta data habería nos corredores da escola uns estantes cheos de  libros doados por vós para  intercambiar por outro libro.

Durante este mes os compañeiros/as do CEPP Igrexa Valadares,  do CEIPP Sobreira , os avós e avoas do Centro de Día do Polígono e tamén @s maiores do Centro D´Alba, ademais das familias que quixesen, virían contarnos moitos contos á escola.

Como agora non é posible celebralo desta maneira, podedes escoitar algúns contos que Os Botóns contaron o ano pasado ós seus compañeiros/as da aula.

A mestra  Goele, tamén vos deixa un conto:

Pincha na imaxe  

 A proposta é que fagades un minibook con esta historia, podedes imprimir o que creou Goele ou seguir as súas indicacións para facelo vós na vosa casa. (Tedes o ficheiro adxunto no final desta actividade)

Para escoitar os contos dos Botóns, pinchade na imaxe , o conto de  COMEZTE, está grabado en dous audios, o primeiro podedes escoitalo pinchando na imaxe e o segundo buscando o enlace o final desta porposta. 

  

 

 Espero que desfrutedes destes contos.

Un bico da FADA DO ALBA

Día Mundial da Creatividade e a Innovación

  

O 21 de abril, celébrase o Día Mundial da Creatividade e a Innovación, esta xornada foi promovida polo deseñador  publicitario Marci Seagal de Toronto (Canadá) para animar o seu equipo de colaboradores na empresa.

Está data coincide co nacemento de Leonardo da Vinci, pintor, escultor, arquitecto, urbanista, músico, botánico, cociñeiro,naturista...

Mirade todas as cousas que  a súa mente e as súas mans xeraron. 

 Queres crear algo tí tamén?????

Vouche deixar varias ideas, podes facer estas ou crear as túas propias, pasa un rato divertido e non  te esquezas de facerlle unha foto para que todos podamos ver a túa obra.

Construcción dunha ponte

         

fabricar un avión

crear un paracaídas 

 

Agora que traballaches tanto, descansa

escoitando esta canción. 

 Solta a creatividade

que levas dentro!

 

Leotolda

SE A MIÑA AMIGA LEOTOLDA MIRA ESTA PÁXINA VAI QUEDAR MOI CONTENTA CON TODOS OS RETRATOS DELA QUE ESTADES MANDANDO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe toca un CONTO sen final

Bo día rapaces e rapazas :

Seguro que botades de menos estar na biblioteca da escola e que as vosas mestras vos lean un conto.

Estiven buscando algún conto que nunca, nunca, nunca escoitarades .... e sabedes que aconteceu que atopeime con esta historia e agora estou moi preocupada.

 

Xa sabedes cal é  a miña preocupación????

 

Podedes axudarme ???

A vosa misión é facer o debuxo de Leotolda para que eu poida completar a páxina do libro que falta.

Deixade voar a voa imaxinación , utilizade soamente as cores propostas e seguide todas as pistas que vos deixan os seus amigos e amigas no conto.

Podedes enviarme os vosos debuxos  ao correo da escola ou o correo das vosas mestras.

Funcións Executivas

 

No mes de Marzo, tivemos unha nova maleta de experiencias que nos emprestou o CEFORE, centro de recursos educativos do concello de vigo.

A causa do COVID-19 , soamente a aula de Os Botóns, poido desfrutar un pouquiño destes xogos.

No próximo curso voltaremos a solicitarla.

Aquí tedes en imaxes un ratiño do xogo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTO: “A casa de Xoán”

 

Boas, amiguiñ@s:

Viaxando pola rede, atopei este  conto da nosa  tradición oral, un contiño que pasou de país-nais a fill@s durante moito tempo. Neste vídeo, Marta Ortiz cóntao en lingua de signos tamén. Algún destes signos xa os coñecedes, aprendémolos no obradoiro de lingua  de signos o curso pasado. A ver se cuando volvades ó cole sabedes contalo. 

https://m.youtube.com/watch?v=R1QFLGFd8H

 

Contáronme tamén que esta noite ás 21, o Circo do Sol ofrece un novo especial de 60’. Gozade do espectáculo:

https://www.cirquedusoleil.com/es/cirqueconnect

Ou en YouTube:

https://youtu.be/allVFq3P-4

 

Biquiños e apertas voadoras.

A Fada Alba, que nos libros anda

Distribuir contido