blog da biblioteca

Día do Libro Infantil

Bos días amiguiñ@s do Alba, estanme chegando un montón de libros que vos gusta ler na vosa casa.

Algúns de vós envían a foto co seu libro favorito e outros compañeiros/as contan a historia que se atopa no libro.

Se pinchades nas imaxes do libro podedes oir o conto. 

Moitas  grazas  e podedes seguir participando. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2 de Abril Día do Libro Infantil e Xuvenil

OLA AMIG@S:COMEZAMOS ABRIL, O MES DOS LIBROS, QUE COMEZA CON ESTA CELEBRACIÓN DE HOXE. PORQUE UN 2 DE BRIL DE 1805  NACEU HANS CRISTIAN ANDERSEN QUE ESCRIBIU UNHA CHEA DE CONTOS: A SEREÍÑA, O TRAXE DO EMPERADOR, O REISEÑOR E MOITOS MÁIS.. SABÍADES QUE ELSA DE FROZEN  ESTÁ BASEADA NO SEU CONTO DA RAÍÑA DAS NEVES?

                                     

Se pinchades na imaxe de Andersen tedes unha pequena biografía. pinchando no Parruliño, veredes a curta de Diney do "Parruliño Feo". Se pinchades AQUI NESTAS LETRAS atoparedes a nosa proposta para este día. 

Un biquiño voador de:

ALBA, A FADA QUE NOS LIBROS ANDA.

UN MUNDO DE TORRES

VAIA TORRES!

TORRES CON PELUCHES....

..

TORRES ENORMES

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TORRES CON COXÍNS

TORRES, E MÁIS TORRES....

QUE CHEGAN ATA AS NUBES

XA TEMOS HERDEIR@S PARA DOMINGO DE ANDRADE!

QUE SERÁN CAPACES DE CONSTRÍR NO FUTURO? 

 

 

 

SALÓN DO LIBRO

Ola amiguiñ@s: esta tarde quero compartir convosco a iniciativa do Salón do Libro de Ponevedra que debido á corentena, decidiron seguir a celebralo dende o salón das casas dos escritor@s, ilustrador@s, music@s e outros artistas que  participaban nesta XXI edición. Se pinchades na imaxeentraredes no Salón Virtual e atoparedes contos, cancións, actuacións,.. e ata receitas

 

e como din na súa páxina que non vos falte a saúde pero tampouco a  risa, o humor e o amor... Coidádevos, quedade na casa.

 

SALÓN DO LIBRO

Ola amiguiñ@s: esta tarde quero compartir convosco a iniciativa do Salón do Libro de Ponevedra que debido á corentena, decidiron seguir a celebralo dende o salón das casas dos escritor@s, ilustrador@s, music@s e outros artistas que  participaban nesta XXI edición.

Se pinchades na imaxe entraredes no Salón Virtual e atoparedes contos, cancións, actuacións,.. e ata receitas

 

e como din na súa páxina que non nos falte a saúde pero tampouco a  risa, o humor e o amor...

Coidádevos, quedade na casa.

 A Fada Alba, que nos libros anda.

Sesión de Teatro

ola rapaces e rapazas:

 

Se que moitos de vós, estabades esperando a saída ao teatro que facedes todos os anos coas vosas mestras, con moita ilusión.

Agora non é posible que vaiades ao teatro, polo que vos deixo a obra 

  " A Galiña Azul"  da Compañia de Títeres Taxarina , que combina a manipulación de monecos con traballo actoral, música e animacións diversas.

Sempre xogando, sempre divirtindo!!

 

Desfrutade desta obra.

 

A Fada do Alba que nos libros anda.

Día das Artes Galegas

 

O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas que, neste 2020, homenaxea ao arquitecto Domingo de Andrade. Aínda que a maior parte da súa obra podemos vela en Compostela, fora dalí tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense.

Nos seguintes enlaces podes afondar un pouco mais na súa obra:

.. Real Academia Galega de Belas Artes

.. Colexio  Oficial de Arquitectos de Galicia

 

 

Agora que xa sabedes un pouquiño mais, quero propórvos unha actividade:

UN POUCO DE ARTE E CONSTRUCCIÓN

podedes facer dúas cousas:

--- debuxade ou construide unha torre con bloques, coxíns, almofadas, peluches... botádelle imaxinación, logo facédevos unha foto con ela e enviala ó correo da escola ou o correo da vosa aula.

--- podedes descargar este documento , pintar a Torre do Reloxo da Catedral de Santiago e debuxarvos o seu carón.

 

Animádevos a participar e desfrutade coa construcción.

 

A Fada do Alba, que nos libros anda.

 

 

 

 

 

Distribuir contido