blog da biblioteca

Chegou o Samaín a nosa biblioteca

                       CHEGOU O SAMAÍN

Esta semana a Fada deixounos tres xogos de medo. 

 

Xogamos na mesa de luz a porlle os ollos aos monstruos....

      

 Unhas arañas metidas nun labirinto que tiñamos que rescatar cunhas pinzas....

 

 

Usamos os scornabots para localizar as imaxes de samaín do taboleiro...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Programa de Radio

 
O venres 30 de outubro, día da festa de Samaín no cole, Radio Valadares conectou connosco, "Os Tigres" para falar do medo, aquí podedes oír as cousas que lles contamos. Na clase xa falaramos sobre os nosos medos e as cousas que podíamos facer para superalos, tamén escoitamos contos e puidemos aprender dos recursos que usan os protagonistas das historias, a imaxinación, a risa, a axuda da familia e tamén puidemos coñeceras as receitas das  amigas e amigos para enfrontalos. Laia, que teme a escuridade coma outras nenas e nenos da clase, usa unha pequena luz que a espanta. Con Carolina, Julia ou Loli que se asustan de morcegos, serpes e arañas pensamos que se coñecen estes animais decataranse que non hai motivo para os temer. Dany reflexionaba sobre os aterradores "homes lobo", uns homes que as veces andan coma lobos, inda que finalmente recoñecía que só existían na imaxinación. Xoán declarou que el non lle mete medo  nada, polo de agora  pero logo non se atreveu a falar pola radio. Con Mateo tivémolo un chisco máis difícil porque lle ten medo ó sol xa que descubriu cando naceu que era un vampiro e claro......menos mal que na escola temos un potente protector solar, pantalla total para saír ó patio. Este é un pequeno resumo do que se falou na clase uns días antes da conexión da conexión radiofónica que nos cortou un pouquiño, normal, chámase medo escénico... 

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe é un día moi especial na nosa Biblioteca.

Inauguramos a nova porta da Biblioteca presidida pola Fada, e para celebralo preparamos un algodón de azucre.

 

 

 

 

 

Día das Escritoras

 19 de Outubro, celébrase esta data para compensar a disciminación das mulleres na literatura baixo a iniciativa da Biblioteca Nacional de España, a Asociación Clásicas y Modernas e a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE).

 

Dende a Biblioteca, solicitouse a colaboración das familias de " Os Tigres", para lernos pequenos fragmentos de obras de literatura infantil e xuvenil.

Moitas  grazas as familias pola súa aportación.

 

 
 
 
     
 
 
 
 
 
 

Ricardo Carvalho Calero

LETRAS  GALEGAS  Semana do 13- 16 de Outubro

 

Durante o confinamento celebramos o Día das Letras Galegas dende a nosa casa, no comezo deste curso 2020-2021 adícase esta semana a coñecer a obra deste escritor.

O noso alumnado tivo primeiro que descubrir o título do conto de Ricardo Carvalho  para os nenos. Escoitando esta canción: 

 

 

 

 
                    
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1º  TAREFA:
 Coñecer un pouquiño máis as obras de Ricardo Carvalho Calero, a través da revista entregada para o traballo nas aulas.
 
 
2º TAREFA:
Tedes que completar o poema "MARIA SILENCIO", debedes percorrer o camiño dende á escola ata o lavadero atopando os trozos que faltan. Logo na aula traballaredes sobre eles.
 
 
 
 
 
 Logo traballamos o poema nas aulas:
 
 
3º TAREFA:
Facer o mural para agasallar a Ricardo : " As pitas baixo a choiva", mural colaborativo entre todas as aulas.
 
 
 
 
4º TAREFA:
Imos coñecer un grupo de pitas moi singulares, as pitas da nosa veciña Eugenia. 
 
                                                                                  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
                                                                                                                            

2º OBRADOIRO.

Hoxe a Fada deixou un obradorio sorpresa .....  canta unha canción de Outono escolle unha pintura  e atopa follas de carballo, castiñeiro... e  algo aparecerá nesa folla.

 

 

         

 

 

Así de fermosa quedou a Fada

Os Koalas na Biblioteca

Despois de ver na Biblioteca da Fada, os contos,os  libros, os cd´s e as películas  , hoxe tocoulle o turno os Koalas de comezar co préstamo de libros. 

 

 

 

Distribuir contido