blog da biblioteca

Sé un científco ou científica en prácticas

O día 11 de febreiro , celébrase  o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Dende a Biblioteca, queremos proporvos unha actividade  científica, aproveitando que estamos de vacacións de Entroido.

 

Buscade por internet algún experimento sencillo e animádevos a facelo na vosa casa en familia.

Despois enviade algunha foto do voso experimento e unha pequena explicación o seguinte correo:

                                      eei.monte.alba@edu.xunta.es

Compartiremos todos os experimentos cos demais compañeiros/as da escola.

                                 ANIMÁDEVOS a pasar un bo rato en familia e convertir os vosos fillos e fillas en científicos e científicas en prácticas.

                                          A FADA DO ALBA  

Obradoiro de Entroido

5 º OBRADOIRO DE ENTROIDO

Un día do inicio do mes de febreiro, atopamos na Biblioteca, un montón de máscaras, pegamentos e moitos detalles de decoración.

Tiñamos un novo obradoiro.... o noso traballo era decorar ás máscaras para poder decorar o espazo donde estará ubicado o noso MECO DON CORREIDÓN.

 

 

Enquisa nº 3

Axúdame a reciclar:

Primeiro con este xogo, escribe unha data aproximada do tempo que creedes que poden tardar en descompoñerse, non vale facer trampas.

 

 Aquí temos as vosas respostas, ainas de todo tipo, moi ben

 

 

 

 

Estes son os verdadeiros resultados :

 

Verbas de PAZ

4º OBRADOIRO DE XANEIRO:

Unha bolsa con sobres,  cartolinas, pegamento, pinceis e pintura branca. Todo isto deixou a Fada do Alba .... pero non sabemos a nosa misión.

 

1. Escolle un sobre.

2. Ordea as letras que atopas dentro.

3. Decide se queres escribir ou pegar as letras .

4. Xa tes no teu poder a palabra PAZ nalgún idioma do mundo.

5. Solicita axuda se o precisas e prepara a cartolina coa túa palabra.

6. Logo atópaa no mural do patio cuberto.

 

    

               

 

Intenta atopar no mural o túa palabra.

 

 

 

 

Xogo de laberintos

Os nosos alumnos e alumnas , Tigres, Canguros, Koalas,levan facendo percorridos pola parroquia vendo animais ( cabras, cabalos, vacas, tartarugas...) e lugares ( panadería, centro cultural, cole de primaria, agropecuaria, pilón...) .

A Fada do Alba, deixou de agasallos para xogar na Biblioteca tres percorridos:

1. Percorrido con canicas , grazas o traballo do pai de Valentino

2. Xogo co escornabots con dúas opcións: localiza animais ou localiza edificios.

 

 

 

 

           

O inverno na Biblioteca

3º OBRADOIRO DE INVERNO

As actividades de inverno chegaron a MESA DE LUZ, iremos pouco a pouco xogando con elas.

1. Lápices de tiza para pintar na pizarra

2. Puzzles de Olaf para compoñer

3. Monecos de neve para decorar

4. Paisaxe de inverno: atapa obxeto escondidos nunha bandexa de xelatina

      

 

 
 

Hoxe unha gran sorpresa !!!!

Por fin.... levávamos esperando todo o trimestre, pero xa están aquí.

Tivemos que adaptar esta actividade a nova realidade da Covid-19, formarnos en novas tecnoloxía  e conseguir todos os medios necesarios. Todo esforzo ten unha boa recompensa.

Durante tres días, un para cada aula, tivemos a primeira sesión de contacontos cos avós e avoas do Centro de Día de Valadares.

 

     

 

      

 

     

 

En breve, colgaremos o conto que os avós e as avoas non leron.

Esperamos a seguinte sesión con moitas ganas.

 

                       ATA PRONTO E MOITO ÁNIMO

Distribuir contido