ESTE ANO VAI A SER ALGO DIFERENTE EN BIBLIODUNAS, PERO SABEDES QUE É NECESARIO PARA PREVIR O COVID- 19. CONFIAMOS QUE PRONTO PASE ESTA SITUACIÓN E POIDAMOS VOLVER Á NORMALIDADE.
MENTRAS TANTO, NON PODEMOS ABRIR BIBLIODUNAS POLAS TARDES NIN VISITAR A BIBLIOTECA TODAS AS SEMANAS COMO FACIAMOS CURSOS PASADOS.
PERO SEN EMBARGO...
PRONTO COMEZAREMOS CO EMRÉSTITO DE FONDOS E PODEDES LEVAR 2 PARA DISFRUTAR EN FAMILIA.
AS PROFES ESCOLLERÁN MOITOS LIBROS PARA TER NAS AULAS E VOS PODEREDES ESCOITALOS E LELOS!
CONTINUAREMOS COA HORA DE LER, DESPOIS DO RECREO, ONDE AS MESTRAS NOS CONTARÁN NOVOS CONTIÑOS!
E CHEGAMOS AO ÚLTIMO DÍA DA SEMANA DO LIBRO, QUE ESPERAMOS DISFRUTARADES MOITO, TANTO COAS PUBLICACIÓNS QUE FIXEMOS, COMA COAS VOSAS LECTURAS PERSOAIS.
QUE O DESFRUTE DA LECTURA NON QUEDE NESTA SEMANA!!! DEBE FORMAR PARTE DA NOSA VIDA DIARIA!!
HOXE IMPOS COÑECER POIS A AN ALFAYA.
AN ALFAYA É UNHA COÑECIDA ESCRITORA VIGUESA QUE ADICOU GRAN PARTE DA SÚA OBRA AO PÚBLICO INFANTIL. EN SETEMBRO DE 2019 PUBLICOU O SEU LIBRO "SOLEANDO", UN LIBRO LUMINOSO COMA O SOL.
COMPARTIMOS CONVOSCO ESTE VÍDEO NO QUE RECITA VARIOS POEMAS DESTA OBRA.
A QUE É UNHA DELICIA ESCOITALA RECITAR??
"DIN DON, ABRO A PORTA E ASOMA O SOL; ABRO A VENTÁ E ENTRA A MAÑÁ..."
CANDO ESCOITEI O PRIMEIRO POEMA IMAXINEI SER SOL E ENTRAR POLA VOSA PORTA, SER MAÑÁ E ENTRAR POLA VOSA VENTÁ. ASÍ PODERÍA VERVOS A TODAS E TODOS!!!
AS VENTÁS, OS BALCÓNS, QUE TANTA VIDA NOS ESTÁN DANDO NESTES DÍAS, XA INSPIRARON A MOITOS ARTISTAS. FAGO POIS DÚAS PROPOSTAS A PARTIRES DESTE POEMA:
PROPOÑO QUE BUSQUEMOS CADROS DE ARTISTAS NOS QUE APARECE ESTE ELEMENTO, A VENTÁ.
PROPOÑO QUE NOS FOTOGRAFIEMOS CADA QUEN NA SÚA VENTÁ, NO SEU BALCÓN, COMPARTAMOS ENTRE NÓS QUE VEN OS NOSOS OLLOS CANDO ASOMAMOS A DIARIO Á VENTÁ.
PODEDES ENVIAR AS VOSAS FOTOS E OS CADROS AO MEU CORREO ELECTRÓNICO (pequesdepanxon@gmail.com). CON TODAS MONTAREMOS UN VÍDEO QUE PUBLICAREMOS POR AQUÍ.