Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

As mañás en Bibliodunas

MOCHILA VIAXEIRA

NESTA OCASIÓN É PABLO O QUE VAI GOZAR COA

MOCHILA VIAXEIRA!

ENTROIDO E CONTOS, QUE BOA MIXTURA!

MOCHILA VIAXEIRA

ARYA LEVOU O VENRES PASADO A MOCHILA VIAXEIRA CHEIÑA DE CONTOS PARA DISFRUTAR UNS DÍAS NA CASA. 

ESTA MOCHILA PERCORRERÁ TÓDALAS CASAS PARA QUE GOZEDES DA LECTURA COMPARTIDA EN FAMILIA.

 

CONMEMORACIÓN 3O XANEIRO: DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ ESCOLAR

PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ NA ESCOLA FIXEMOS DIFERENTES ACTIVIDADES BASEADAS NO CONTO:

" El arbol de la amistad " de Britta Teckentrup

- Escoitamos o conto

- Afianzamos vocabulario referido a boas accións e amizade como: amabilidade, cariño, respeto, compartir, escoitar...

- Xogamos co robot Lolo e o programamos para chegar a casiña axeitada

- Fixemos un traballo individual de folliñas dunha árbore que contiña palabras bonitas

- Bautizamos unha árbore do patio como a árbore da amizade, que se está enchende de follas de cores con mensaxes bonitas

 

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE

O DÍA 3 DE DECEMBRO CELÉBRASE O DÍA DA DISCAPACIDADE, POLO QUE ESTA SEMANA AS LECTURAS DA HORA DO CONTO ESTIVERON BASEADAS NESTA TEMÁTICA. ADEMAIS TIVEMOS UNHA SESIÓN ESPECIAL DE ANIMACIÓN LECTORA SOBRE O CONTO "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA".

 

 
 
 
 

- 3 DE DECEMBRO DÍA DA DISCAPACIDADE -

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

Na biblioteca preparamos un recanto para celebrar este día.

 

 

CONMEMORACIÓN DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O VENRES PASADO ACONTECEU ALGO SORPRENDENTE NA ESCOLA...
PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
24 DE OUTUBRO
 
A RATIÑA LOLA PREPAROUNOS DIFERENTES SORPRESAS:
 
UNHA CARTA NA QUE NOS AVISABA DUNHA SORPRESA!
UNHA MALETA CHEIÑA DE CONTOS SOBRE A TEMÁTICA DESTE CURSO...
" SEMENTANDO CON LOLA "
UNHA MALETIÑA CON UTENSILIOS DE XARDINERÍA
UNHA MACETIÑA DE AGASALLO PARA BIBLIODUNAS
UN CONTIÑO DE RODARI: QUE FAI FALLA ? QUE TAMÉN CANTAMOS E FIXEMOS OS XESTOS.
( GIANNI RODARI: Centenario do seu nacemento )
OBRADOIRO: PLANTAMOS TIRABEQUES
 
FOI UNHA MAÑÁ MOI MOTIVADORA, ESTAMOS DESEXANDO APRENDER MAIS COUSIÑAS DA HORTA!

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

SAÚDOS DA RATIÑA LOLA

 

OLA AMIGUIÑOS!

CANTO VOS BOTEI DE MENOS!

ESTABA DESEXANDO VERVOS POLO COLE!

ESTE ANO VAI A SER ALGO DIFERENTE EN BIBLIODUNAS, PERO SABEDES QUE É NECESARIO PARA PREVIR O COVID- 19. CONFIAMOS QUE PRONTO PASE ESTA SITUACIÓN E POIDAMOS VOLVER Á NORMALIDADE.

MENTRAS TANTO, NON PODEMOS ABRIR BIBLIODUNAS POLAS TARDES NIN VISITAR A BIBLIOTECA TODAS AS SEMANAS COMO FACIAMOS CURSOS PASADOS.

PERO SEN EMBARGO...

PRONTO COMEZAREMOS CO EMRÉSTITO DE FONDOS E PODEDES LEVAR 2 PARA DISFRUTAR EN FAMILIA.

AS PROFES ESCOLLERÁN MOITOS LIBROS PARA TER NAS AULAS E VOS PODEREDES ESCOITALOS E LELOS!

CONTINUAREMOS COA HORA DE LER, DESPOIS DO RECREO, ONDE AS MESTRAS NOS CONTARÁN NOVOS CONTIÑOS!

E SEGUIREMOS TENDO NOVIDADES E SORPRESIÑAS!

BICOS A TODOS E BENVIDOS AO NOVO CURSO!

 

A RATIÑA LOLA

BO VERÁN LECTORES E LECTORAS!

OLA FAMILIAS!

A RATIÑA LOLA QUERE DESEXARVOS UN BO VERÁN A TODOS E QUE DISFRUTEDES MOITO DOS CONTOS NA CASA, NA PRAIA, NO MONTE...

GRAZAS AOS QUE RECOMENDÁSTEDES LIBROS PARA BIBLIODUNAS, XA ESTÁN NA ESCOLA PREPARADIÑOS PARA O VINDEIRO CURSO!

TAMÉN CONTAMOS COA RECOMENDACIÓN DA PSICÓLOGA ELENA FDEZ SERRANO, COA QUE DISFRUTAMOS NA ESCOLA DE PAIS " DISCIPLINA POSITIVA"

RECORDADE QUE NA ETIQUETA DE NOVIDADES E NA CORTIZA DA ESCOLA TEMOS UNHA TARXETA DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN!

Distribuir contido


by Dr. Radut