Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Avisos

QUE ESTÁ PASANDO NO COLE!!??

QUE ESTÁ PASANDO NO COLE???

- COÑECÉDENOS UN POUCO MÁIS -

CONVIDÁMOSVOS A ENTRAR NA ESCOLA PARA QUE NOS POIDADES COÑECER UN POUCO MÁIS.

 

CONSULTADE AS VOSAS DÚBIDAS.

TELÉFONO: 986.380.120

E-MAIL: eei.dunas.panxon@edu.xunta.gal

- INFORMACIÓN SOBRE A ESCOLA -

A continuación deixámosvos un tríptico con máis información sobre a nosa escola.

Se picades no arquivo adxunto podédelo descargar en pdf.

 

FELIZ ENTROIDO!

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN NOS DISFRACES.

HOXE A NOSA HORTA ENCHEUSE DE BECHIÑOS, DE RICOS PRODUTOS FRESCOS E DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS.

NUNS DÍAS PODEREDES VER AS FOTOS

FELIZ ENTROIDO A TODA COMUNIDADE EDUCATIVA!

LEMBRADE QUE TEDES PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA FACER NESTES DÍAS

VÉMONOS O XOVES 18!!

-COÑÉCENOS-

COÑÉCENOS E CONSULTA AS TÚAS DÚBIDAS.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022 DO 1 AO 22 DE MARZO

**PODEDES DESCARGAR O TRÍPTICO NO ARQUIVO ADXUNTO

TEMPERATURA DAS AULAS

NO ÚLTIMO CONSELLO ESCOLAR AS FAMILIAS SUXERISTES A INSTALACIÓN DE TERMÓMETROS DIXITAIS NAS AULAS PARA COÑECER A TEMPERATURA REAL NAS MESMAS.

ESTA SEMANA XA SE INSTALARON.

NA AULA DE 4º EI

NA AULA DE 5º EI

NA AULA DE 6º EI

 

O ENTROIDO

 

Estimadas familias:

A semana do 8 ao 12 de febreiro celebraremos o entroido na escola.

Traballaranse ditos e adiviñas da temática, cantigas, entre elas “O entroido move o corpo” de Paco Nogueiras; contos, entre eles: “El sherif Otto”, “É tempo de entroido” e “Tomás el Bromista”.

Máis adiante farémosvos algunha proposta de traballo na casa.

Este ano, como é un pouco especial, será a Ratiña Lola quen cumpla as ordes do Meco e a cativada elaboraralle nas clases os complementos que precise.

O venres 12 o alumnado poderá vir disfrazado ao cole.

A nosa suxerencia é que o fagan dalgo relacionado co proxecto (a horta). A temática é moi ampla: verduras, froitas, xoaniñas, bolboretas, abellas, flores, espantallos, xardiñeiros e xardiñeiras, etc.

Pero dadas as circunstancias actuais, aconsellamos que aproveitedes os recursos da casa, para evitar mercar nada nin ter que acudir ás tendas. Polo tanto, se alguén ten dificultade en preparar un disfraz desta temática, pode facelo de calquera outra para evitar estes contratempos.

Recordade que a cativada desfrutará igualmente dun día especial independientemente do que se disfracen.

Grazas de antemán.

Un saúdo!

 

GRAZAS E BOAS FESTAS

GRAZAS A TODA COMUNIDADE EDUCATIVA POR ESTE ÉXITO NO PRIMEIRO TRIMESTRE:

GRAZAS a todas as familias, por respectar, comprender e cumplir coidadosamente co protocolo e coas estritas medidas que debemos seguir para frenar esta pandemia.

GRAZAS a todo o alumnado, por seren un exemplo inigualable, amosándose sempre feliz a pesar dos atrancos e incomodidades das medidas.

GRAZAS a todo o persoal docente e non docente da escola, por este inmenso esforzo e por asumir aínda máis responsabilidades das que corresponden.

GRAZAS á ANPA, pola axuda e colaboración co centro.

ENTRE TODAS E TODOS FORMAMOS UNHA COMUNIDADE EDUCATIVA FORTE.

DESFRUTEMOS DAS FESTAS CON SENTIDIÑO E MOITA SAÚDE

BO NADAL!

 

AVISO ÁS FAMILIAS DE 6º EI

 

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DA EEI AS DUNAS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2020-2021.

 

 

 

- VIDEOTITORIAL SOBRE O SERVIZO DE VIODEOCONFERENCIAS WEBEX -

A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS A LIGAZÓN DUN TITORIAL SOBRE VIDEOCONFERENCIAS CON WEBEX.

PÍCADE AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut