INFORMARLLES QUE DENDE O 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS (PARA ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL)
AS FAMILIAS PODERÁN PRESENTAR AS SÚAS SOLICITUDES NO CENTRO DE ORIXE (NA EEI AS DUNAS) OU A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA PARA O CAL DEBERÁN DISPOÑER DE CHAVE 365 OU CERTIFICADO DIXITAL.
NA SEGUINTE APLICACIÓN PODEDES ACCEDER Á SOLICITUDE:
AS VACACIÓNS ESTÁN A ACABAR E TOCA VOLTAR ÁS AULAS.
O EQUIPO DOCENTE ESTAMOS A PREPARAR A ESCOLA, A FIN DE QUE TODO ESTEA LISTO O DÍA 9 DE SETEMBRO, PARA RECIBIR CON MOITA ILUSIÓN, GANAS E EMOCIÓN A TODO O ALUMNADO.
COMO TODOS OS ANOS REALIZAREMOS UNHA REUNIÓN COAS FAMILIAS ANTES DO COMEZO DAS CLASES. AS DATAS E OS HORARIOS SON OS SEGUINTES:
LUNS 6 DE SETEMBRO ÁS 10H FAMILIAS DE 5º E.I. (4 ANOS)
LUNS 6 DE SETEMBRO ÁS 12H FAMILIAS DE 6º E.I. (5 ANOS)
MARTES 7 DE SETEMBRO ÁS 12H FAMILIAS DE 4º E.I. (3 ANOS)
COMUNICARLLES QUE XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E /OU MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021- 22 (AÍNDA NON PUBLICADO NO BOPP).
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES É DE 15 DÍAS HÁBILES DENDE O DÍA SEGUINTE Á PUBLICACIÓN NO BOPP, MEDIANTE CITA PREVIA NO TELÉFONO 986 365 000 NO DEPARTAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE NIGRÁN.
ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DA E.E.I AS DUNAS COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021-2022
ONTE REMATARON AS OBRAS NA ESCOLA. A PARTIRES DE AGORA O CENTRO CONTA CUNHA PORTA ANTIPÁNICO NO ACCESO TRASEIRO, QUE MELLORARÁ A SEGURIDADE DO ALUMNADO; E CUNHA ESTUPENDA PASARELA NO ACCESO PRINCIPAL, EVITANDO QUE SE MOLLEN NOS DÍAS DE CHOIVA E PERMITINDO TAMÉN ACTIVIDADES NO EXTERIOR INCLUSO NESES DÍAS.
MOITAS GRAZAS AO CONCELLO DE NIGRÁN POR EXECUTAR A OBRA, TENDO ASÍ EN CONTA AS PETICIÓNS E NECESIDADES DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA E GRAZAS TAMÉN ÁS FAMILIAS POLA AXUDA PRESTADA NESTE SENTIDO. ESTAS ACCIÓNS MELLORARÁN O BENESTAR E A SEGURIDADE DO NOSO ALUMNADO E DAS FAMILIAS QUE SE ACHEGAN A DIARIO Á ESCOLA.