Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Celebracións

Percusión con refugallo

O luns 25 de abril recibimos a visita de Matrácala, que nos ofreceron un obradoiro de percusión con intrumentos feitos apartires de materiais de refugallo. Foi moi divertido! E agora xa sabedes, todos a crear instrumentos con cousas que xa non utilizamos. Reutilizar creando...e tocando! 

21 DE MARZO, DÍA PA POESÍA: INAUGURACIÓN DO BANCAL DE ROSALÍA

 
ESTE LUNS 21 DE MARZO, CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA DA POESÍA, TIVEMOS UN ACTO MOI ESPACIAL: A INAUGURACIÓN DO BANCAL DE ROSALÍA DE CASTRO DA HORTA DE LOLA, NO QUE O ALCALDE DE NIGRÁN DESTAPOU A IMAXE DE ROSALÍA PARA POSTERIORMENTE OS NENOS/AS RECITAR UNS VERSOS DO POEMA PARECE "PARECE UNHA ROSA" E CANTAR UN FRAGMENTO DA CANCIÓN "ROSALÍA PEQUENIÑA" DE UXÍA.
 
MOITAS GRAZAS AO CONCELLO DE NIGRÁN, AO ALCADE E Á CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN, A "SOMOS TERRA", E ÁS FAMILIAS.

- DÍA DO PAI 19 DE MARZO -

- ACTUACIÓN DE VOLTERETA E VOLVORETA -

 
XA PODEDES VER O VÍDEO DE VOLTERETA E VOLVORETA, CONMEMORANDO O 8M DÍA DA MULLER CUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS TITULADA AS GAFAS VIOLETAS.
GRAZAS AO CONCELLO DE NIGRÁN E AO CIM.
ENCANTOUNOS!!!

CONTACONTOS NA ESCOLA DA MAN DE VOLTERETA E VOLVORETA

GRAZAS AO CONCELLO DE NIGRÁN, O XOVES 10 DE MARZO CONTAREMOS NA ESCOLA CON VOLTERETA E VOLVORETA DENTRO DA PROGRAMACIÓN " MULLERES, CIENCIA E MÁIS".

CONTACONTOS: " As gafas violetas "

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de Marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller, en favor dunha loita pola igualdade de xénero, o recoñecemento e o exercizo efectivo dos dereitos das mulleres. Para traballar estes aspectos realizamos esta actividade que consistiu en plasmar as nosas mans e escribir o nome das mulleres das nosas vidas, para despois construir un lazo xigante con elas.

 

ENTROIDO DUNAS 2022

O CLAUSTRO DA EEI AS DUNAS DESÉXAVOS UN BO ENTROIDO

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

POLA VOSA IMPLICACIÓN NO ENTROIDO!

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

TRABALLAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO BAIXO O LEMA "SEMENTA DE PENSAMENTOS"

A FLOR DO PENSAMENTO ERA A FAVORITA DESTA ESCRITORA E ASÓCIASE AOS RECORDOS E A NOSTALXIA.

QUIXEMOS INAUGURAR UN BANCAL DA NOSA HORTA CO NOME E RETRATO DE ROSALÍA E COLGAMOS AO SEU ARREDOR PLANTIÑAS DE PENSAMENTOS.

XA QUE ESTAMOS DE ENTROIDADA, FIXEMOS UNHA CARAUTA COA SÚA FACIANA E, COMO NON QUEREMOS DESAPROVEITAR A NOSA VEA ARTÍSTICA, CADA AULA DECOROU UNHA PEZA DUN MOSAICO CON DIFERENTES TÉCNICAS PLÁSTICAS QUE, AO UNILO, QUEDOUNOS UN CADRO ESPECTACULAR!!

11 de FEBREIRO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O pasado venres 11 DE FEBREIRO celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E NENA NA CIENCIA. Para conmemoralo traballamos e aprendemos sobre distintas mulleres científicas moi importantes da nosa historia, como por exemplo: Rachel Carson, Barbara Mcclintock e Caroline Herschel, como podedes ver a continuación.

Cada aula fixo un experimento relacionado co descubrimento dunha destas 3 científicas.

Deixamos rexistro gráfico destes experimentos.

Distribuir contido


by Dr. Radut