23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
TRABALLAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO BAIXO O LEMA "SEMENTA DE PENSAMENTOS".
A FLOR DO PENSAMENTO ERA A FAVORITA DESTA ESCRITORA E ASÓCIASE AOS RECORDOS E A NOSTALXIA.
QUIXEMOS INAUGURAR UN BANCAL DA NOSA HORTA CO NOME E RETRATO DE ROSALÍA E COLGAMOS AO SEU ARREDOR PLANTIÑAS DE PENSAMENTOS.
XA QUE ESTAMOS DE ENTROIDADA, FIXEMOS UNHA CARAUTA COA SÚA FACIANA E, COMO NON QUEREMOS DESAPROVEITAR A NOSA VEA ARTÍSTICA, CADA AULA DECOROU UNHA PEZA DUN MOSAICO CON DIFERENTES TÉCNICAS PLÁSTICAS QUE, AO UNILO, QUEDOUNOS UN CADRO ESPECTACULAR!!