Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Saídas e actividades complementarias

OS NENOS DE 6º EI VISITAN O SEU FUTURO COLE: CPI DE PANXÓN

 
O MÉRCORES 13 DE XUÑO FOMOS VISITAR O CPI DE PANXÓN. 
A PROFE PASTORA E CONCHI MAIS OS ALUMNOS DE 2º DE PRIMARIA, ENCARGÁRONSE DE AMOSARNOS AS INSTALACIÓNS E CONTARNOS COUSIÑAS QUE SE FAN NA ESCOLA.
GRAZAS POR TODO! 

CARREIRA SOLIDARIA

Hoxe unha representacion de alumnos do Cpi de Panxon,o CEE de Panxon,o CEIP da Cruz e da nosa escola fixemos entrega de cheques para validar por alimentos para as familias mais desfavorecidas do Concello de Nigran.

A actividade foi organizada polo CPI de Panxon coa CARREIRA solidaria que se celebrou en Xaneiro e na que participaron os alumnos de 6 ° de E.I. da nosa escola.

Grazas as familias pola sua colaboración sendo patrocinadores da carreira!

EXCURSIÓN A CASTRELOS: CORRELINGUA 2018

 
O MÉRCORES PASADO FOMOS DE EXCURSIÓN AO PARQUE DE CASTRELOS A FESTA DO CORRELINGUA,EN DEFENSA DA LINGUA GALEGA. DISFRUTAMOS DO CONCERTO DE PACO CERDEIRA E AGASALLÁRONNOS CUNHA CHAPA, UNHA BOLSA E UN MAZÁ PARA MERENDAR. FOI UNHA BONITA MAÑÁ!

VISITA AO CEE DE PANXÓN

ONTO VISITAMOS O CEE DE PANXÓN. OS ALUMNOS DO CENTRO FIXERON DIFERENTES EXPOSICIÓNS SOBRE EXPERIMENTOS. QUEDAMOS TODOS ABRAIDOS!! PARECÍA MAXIA !
DESPOIS ENSINÁRONNOS OS ANIMAIS DO COLE, GALIÑAS, PAVOS, OVELLAS...
GRAZAS POR CONVIDARNOS ! ENCANTOUNOS A COMPARTIR A EXPERIENCIA!!

EXCURSIÓN AO TEATRO A VIGO " Antón Comodón "

 
O mércores 25 de Abril fomos por segunda vez ao teatro a Vigo a ver a obra " Antón Comodón ". A historia, de Antón, que estaba acostumado a que lle fixeran todo, primeiro seus pais e logo o seu amigo Nicolás, e non sabía facer nada so. Ata que un día Nicolás marchou e Antón na viaxe ata as Illas Verdes para topalo, foi aprendendo a valerse por si mesmo. Fantástico Antón!
Despois fomos a merendar e xogar a Samil, o bo tempo luciu e disfrutamos un montón!

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS PARA ADULTOS

O xoves tivemos un curso de Primeiros Auxilios impartido por profesionais de Protección CIvil de Val Miñor.Grazas a Álex e Celeste por dispor do seu tempo para explicarnos tan ben todo!

VISITA DE PROTECCIÓN CIVIL

 
O MARTES TIVEMOS NA ESCOLA A DOUS VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL: ALEX E MARTA.
GRAZAS A ELES APRENDEMOS QUE FACER EN CASO DE URXENCIA E COÑECEMOS MOITO DO MATERIAL CO QUE TRABALLAN, INCLUÍDO O COCHE NO QUE NOS FIXO MOITA ILUSIÓN SUBIR.
GRAZAS CHICOS POLA VOSA IMPLICACIÓN, E TAMÉN A ANPA POR ORGANIZAR ESTA VISITA, ESPECIALMENTE A ANTONIO SOTELO, PAI DUN EXALUMNO DO COLE, QUE SEGUE PENSANDO EN NÓS E ORGANIZOU ESTA VISITA!

CONTACONTOS EN INGLÉS

ESTA MAÑÁ TEACHER ESTEFANÍA CONTOUNOS UN CONTO INGLÉS, UN DOS NOSOS PREFERIDOS: "A TASTE OF THE MOON". UNHA BONITA HISTORIA DE DESEXOS INALCANZABLES QUE SE PODEN FACER REALIDADE GRAZAS Á UNIÓN E Á COOPERACIÓN!

THANK YOU TEACHER!!

VISITA DA GALIÑA AZUL DE NIGRÁN A NOSA ESCOLA

 
O XOVES DÍA 22 DE FEBREIRO ESTIVERON NA NOSA ESCOLA ALUMNOS DA GALIÑA AZUL E NIGRÁN ( A CLASE DOS COCORICOS E OS CHIVOS CHIVÓNS ) ACOMPAÑADOS DAS SÚAS MESTRAS E DALGUNHAS FAMILIAS.
NA ESCOLA ORGANIZAMOS OBRADOIROS CON CONTOS DE POESÍA:
CON "LÚA" A PROFE GEMA ENSINOULLES A FACER QUEBRACABEZAS NA PIZARRA DIXITAL
CON "CROCODILO" A PROFE RAQUEL ENSINOULLES COMO MANEXAR AO NOSO ROBOT LOLO
E CON " VIOLÍN " A PROFE YOLI XOGOU COS INSTRUMENTOS MUSICAIS E SONS
AO REMATAR AS ACTIVIDADES MERENDARON NA NOSA ESCOLA E XOGAMOS TODOS XUNTOS NO PATIO.
NON TEMOS MOITAS IMAXES DESTE ENCONTRO, XA QUE SON MENORES E DEBEMOS PROTEXER A SÚA IDENTIDADE.
PERO VOS ASEGURAMOS QUE FOI UNHA FERMOSA CONVIVENCIA QUE HABEMOS REPETIR!
GRAZAS POR VIR A NOSA ESCOLA!

EXCURSIÓN TEATRO A VIGO: " A nena e o grilo "

 
O PASADO MARTES DÍA 20 DE FEBREIRO FOMOS DE EXCURSIÓN A VIGO. PRIMEIRO AO TEATRO A VER UN CONCERTO DE MAGÍN BLANCO " A NENA E O GRILO " NO QUE ADEMAIS DE TOCAR E CANTAR, ESCENIFICABAN UNHA NENA E UN GRILO. FOI UNHA OBRA PRECIOSA, DESFRUTAMOS MOITO!
E SEGUNDO A MERENDAR E XOGAR UN POUCO AO PARQUE DA PRAIA DE SAMIL. O BO TEMPO NOS ACOMPAÑOU E PASÁMOLO XENIAL !
Distribuir contido


by Dr. Radut