Responder ó comentario
RESUMO DO NOVO PROTOCOLO FRONTE AO COVID (14/01/2022)
PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO COVID NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA (14-1-22)
**Recordade que se o voso/vosa fillo/filla presenta: tos seca, mucosidade excesiva, febre, dor de garganta, problemas gastrointestinais, dor de cabeza e/ou dor muscular NON DEBE ACUDIR AO CENTRO ESCOLAR..
-
CONTACTOS ESTREITOS ANTE A APARICIÓN DE CASOS NOS CENTROS ESCOLARES:
-
CASOS ESPORÁDICOS(Ata 4 casos ou menos do 20% dos integrantes da contorna, en 7 días) En Educación Infantil e Primaria:
Non se identificarán contactos estreitos.
Non realizarán corentena(a excepción de persoas con inmunosupresión).
Non proba diagnóstica(a excepción de persoas con inmunosupresión).
Informarase oa profesorado e familiares do alumnado da mesma rede de contactos das medidas a tomar os seguintes 10 días ( extremar as precaucións, reducir as interaccións sociais e evitar o contacto con persoas vulnerables)
-
AGRUPACIÓN DE CASOS(5 casos ou máis do 20% dos integrantes da contorna, en 7 días) En Educación Infantil e Primaria:
Valorará a situación o CSC e a Xefatura Territorial de Sanidade, ou no seu defecto o Servizo de Alerta Epidemiolóxica de Galicia, e levaranse a cabo as actuacións específicas que sexan necesarias para o seu control.
Corentena a excepción de: ter a pauta completa da Vacina ou teren pasado a infección por Covid-19 nos últimos 90 días)
Non proba diagnóstica(a excepción de persoas con inmunosupresión).
Os casos Confirmados de COVID-19 farán illamento domiciliario ata levar 3 días sen síntomas e sempre que pasasen 7 días desde que estes comenzaron.
Se non tivo síntomas, deberá manter o illamento ata pasados 7 días desde a recollida da mostra diagnóstica.
Non será necesario realizar unha nova proba para suspender as medidas de illamento nin para reincorporarse á actividade laboral ou escolar.