Responder ó comentario
MENSAXE A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA
Estimadas familias:
Estamos a piques de comezar un novo curso, un curso que se presenta en principio diferente para todas e todos. É por iso que o equipo educativo desta escola estivo e está traballando a reo para que a volta sexa o máis segura posible. Estase adaptando o protocolo da Xunta á nosa escola e preparando os espazos e materiais. En canto poidamos faremos pública toda a información. Polo momento, queremos transmitirvos tranquilidade para este comezo e pedirvos confianza.
Xuntos afrontaremos este desafío con éxito!
Saúdos.