Skip to Content

As nosas propostas semanais

Información de interese

Bo día familias:

Xa estamos a mércores, e como cada mércores temos novas nos diferentes blogues tanto do cole como das mestras.

Xa podedes ver no blogue do voso nivel os vídeos coas fotos do reto de cociña.

E como cada mércores, o noso Equipo de Orientación proponvos un novo xogo lingüístico, atrevédevos a facelo, será moi divertido.

Non esquezades que cada semana haberá dous novos retos para realizar:

1. Os luns do equipo de mestras que aparecerán tanto na páxina principal como na sección "as nosas propostas semanais"

2. Os mércores do equipo de Orientación que aparecerán sempre no blogue de Orientación

 Esperamos as vosas achegas nos correos de cada nivel. O prazo para mandar as vosas achegas para cada proposta específica, será de luns a venres de cada semana

3. No blogue de TICS tamén podedes atopar diferentes actividades para traballar a numeración dun xeito ameno e divertido.

4. Lembrade que todos os retos que vos propoñemos son VOLUNTARIOS. Podedes facelos todos ou só o que máis vos guste. Nós estamos encantados de recibilos nos nosos correos e sempre faremos algunha actividades con todo o que enviades para que nos sigamos vendo e compartindo sorrisos. 

5. Se nalgún momento detectades que falta a vosa tarefa, comprobade que vos contestamos ao correo, é o mellor xeito de saber que o recibimos, e se ainda así falta, poñédevos en contacto con nós no correo do nivel e solucionarémolo.

6. Tratade de enviar imaxes en formatos válidos: JPG, GIF, PNG... e videos MP4, FLV, MOV... deste xeito non teremos dificultades para facer a montaxe cos traballos.

GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS NESTA NOVA AVENTURA!

 

OS PEQUECOCIÑEIROS

XA ESTÁN AQUÍ!

Os noso pequecociñeiros encheron a nosa web de deliciosas e variadas receitas.

Esperamos que as disfrutedes tanto coma nós.

SORPRESA DENDE A BIBLIOTECA

Bo día familias:

Comezamos unha nova semana e estreamos mes de Maio, e ¿que mellor xeito de facelo que cunha nova proposta por parte do noso equipo de biblioteca?

Desta vez a profe María González, a profe Haitzea e a profe Sonia convídannos a viaxar polo blogue da biblioteca.

Acompañádenos nesta nova aventura e lembrade que temos os correos de nivel para que nos enviedes as vosas fotos.

Feliz semana

 

 

White and Yellow Simple Technology Keynote Presentation de Crespo Rivas

ARGALLANDO COA PROFE PILAR

VELAIQUÍ ESTAMOS CUNHA NOVA PROPOSTA, DESTA VEZ DA MAN DA PROFE PILAR.

Que estará argallando? para sabelo teredes que ver o vídeo. Agardamos as vosas FOTOS nos nosos correos de nivel. Poderedes envialas ata o venres 1 de maio e cando as teñamos todas farémosvos un pequeno agasallo de agradecemento: un vídeo onde vós seredes os e as protagonistas. 

Agardamos que o disfrutedes!

 

 

UNHA NOVA SORPRESA!

BO DÍA!

Imos con outra sorpresa. Sabemos que sodes moitos e moitas os que estivestes de anversario no mes de Marzo e tamén os que estades no mes de Abril. Por iso, dende a nosa escola, queremos participar da vosa ledicia e velaiquí vai o noso agasallo especial para todos vós. Para ver o voso agasallo teredes que entrar no blogue das profes no voso nivel. Esparamos que vos guste.

 

                         

                          

Xogando con LUPO

Aquí vos deixamos unha presentación das nosas andanzas co sistema LUPO. En cada unha das imaxes hai un vídeo, preme en cada un deles para velo.

 

descubriendo a LUPO de Crespo Rivas

Enredemos coa primavera

O equipo educativo da nosa escola quere agradecervos os vosos esforzos e premiar o voso ánimo nestes momentos. Xuntos conseguiremos que a primavera entre nos nosos fogares.

Distribuir contido


by Dr. Radut