Skip to Content

Información de interese

Bo día familias:

Xa estamos a mércores, e como cada mércores temos novas nos diferentes blogues tanto do cole como das mestras.

Xa podedes ver no blogue do voso nivel os vídeos coas fotos do reto de cociña.

E como cada mércores, o noso Equipo de Orientación proponvos un novo xogo lingüístico, atrevédevos a facelo, será moi divertido.

Non esquezades que cada semana haberá dous novos retos para realizar:

1. Os luns do equipo de mestras que aparecerán tanto na páxina principal como na sección "as nosas propostas semanais"

2. Os mércores do equipo de Orientación que aparecerán sempre no blogue de Orientación

 Esperamos as vosas achegas nos correos de cada nivel. O prazo para mandar as vosas achegas para cada proposta específica, será de luns a venres de cada semana

3. No blogue de TICS tamén podedes atopar diferentes actividades para traballar a numeración dun xeito ameno e divertido.

4. Lembrade que todos os retos que vos propoñemos son VOLUNTARIOS. Podedes facelos todos ou só o que máis vos guste. Nós estamos encantados de recibilos nos nosos correos e sempre faremos algunha actividades con todo o que enviades para que nos sigamos vendo e compartindo sorrisos. 

5. Se nalgún momento detectades que falta a vosa tarefa, comprobade que vos contestamos ao correo, é o mellor xeito de saber que o recibimos, e se ainda así falta, poñédevos en contacto con nós no correo do nivel e solucionarémolo.

6. Tratade de enviar imaxes en formatos válidos: JPG, GIF, PNG... e videos MP4, FLV, MOV... deste xeito non teremos dificultades para facer a montaxe cos traballos.

GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS NESTA NOVA AVENTURA!

 



blog | by Dr. Radut