SE A DONA DA TÚA VIDA
Co gallo da celebración do Día Internacional da MullerTraballadora, o Equipo de Convivencia do CRA RaíñaAragonta organizamos unha charla-coloquio para as familias e profesorado do centro co título ‘’¿Qué cargan na mochila as mulleres migrantes no camiño á igualdade?’’. A nosa convidada e relatora da mesma, foi Maribel Del Pozo Triviño, doutora en Traducción e Interpretación naUniversidade de Vigo e especializada en traballar con mulleres migrantes.
Así mesmo, para complementar esta conmemoración convidamos ás familias colaborar coa entrega de fotos de mulleres en diferentes ámbitos: bailando, traballando, investigando, elixindo, xogando…
Con todas estas imaxes recibidas fixemosunha exposición na Sede do CRA para que as familias puidesen visitar e disfrutar.
Con todas as fotos que recompilamos levamos a cabo o seguinte vídeo.http://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/node/1189
Esta exposición é un canto á liberdade das mulleres libres para amar, rir, traballar, decidir, liderar, emprender…
Unha pequena homenaxe a tódalas mulleres da vila de Salceda que aportaron as súas fotos, compartindo un anaco da súa historia e que nos serve de inspiración no día a día.
A TODAS VÓS NAIS, AVOAS, NETAS, FILLAS, AMIGAS… GRAZAS.
XUNTAS NO CAMIÑO,
EQUIPO DE CONVIVENCIA
- %count lecturas