Skip to Content

Axudas para libros de texto e material escolar alumnado Primaria - Curso 23-24

Publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24.

So pode solicitar esta axuda o alumnado que vaia cursar algún dos cursos de Educación Primaria no curso 23/24.

O alumnado que vaia a cursar 3º de Primaria no vindeiro curso escolar ten que solicitar esta axuda no centro onde teña adxudicada praza.

O prazo de presentación de solicitudes é do 20 de maio ao 21 de xuño (ambos inclusive). 

Pódese consultar a información relativa a esta convocatoria na Orde de convocatoria. http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( ED330B - anexos I e II) accesible desde a aplicación Fondolibros:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

ou na sede electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023&numpub=1&lang=es

 

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Terase en conta o seguinte:

  • A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24.

 

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

    a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

    b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

    En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

    Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

    1º. Certificado ou volante de convivencia.

    2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

    Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

    c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

    d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

    e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

    f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

    g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

    h) Outra documentación.

Forma de presentación da documentación:

  • Electrónica: utilizando a aplicación Fondolibros ou presentando solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla) NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación Fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo

A partires do mércores 24 de maio entregarase a cada familia un documento informativo e poderán recollerse os impresos necesarios para a solicitude en cada unha das escolas.



blog | by Dr. Radut