A vindeira semana entregarase a cada familia dúas enquisas sobre a convivencia escolar.
- Unha enquisa é da Consellería de Educación para todo o sistema educativo galego. Faise nun formulario online ao que se accede co código individual que se entregará a cada familia. Achéganse como adxuntos unha guía para responder e unha listaxe de preguntas frecuentes. Pódese ver a información neste enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39783
- A outra enquisa é do noso centro educativo e faise para actualizar o Plan de Convivencia. Farase nun formulario en papel e entregarase na escola en sobre pechado (luns 8 de maio a venres 12 de maio).
Como calquera enquisa, a participación é voluntaria.
Grazas pola vosa colaboración.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Guia para responder a enquisa de convivencia_2023.pdf | 227.19 KB |
Preguntas frecuentes_2023.pdf | 415.69 KB |