Achégase como arquivo adxunto o novo Protocolo de Protección de Datos Persoais publicado pola Consellería de Educación, xa que é aplicable a todas as persoas que compoñen a comunidade educativa, sendo aconsellable a súa difusión para favorecer o seu coñecemento.
Entre outros aspectos, no apartado 21. Recomendacións específicas relativas ao uso de correo electrónico e equipos informáticos, establécese o seguinte: "Non se deberá facer uso de aplicacións de mensaxería instantánea non corporativas (como WhatsApp) entre profesorado e familias ou entre profesorado e alumnado".
Dada a prohibición de uso deste servizo, para poder manter a comunicación necesaria entre profesorado e familias, as vías de comunicación serán:
- Chamada telefónica ou sms ao teléfono de cada escola e/ou de dirección.
- Uso da APP abalarmobil (si está habilitada esta funcionalidade). https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil/guia-para-familias-abalarmobil
- A través de correo electrónico do profesorado (o profesorado facilitará o seu correo corporativo ás familias que así o desexen) ou do centro educativo : cra.oroso@edu.xunta.gal
Moitas gracias pola vosa colaboración.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
protocolo_de_proteccion_de_datos_persoais_out22.pdf | 2.21 MB |