No mes de marzo comeza o período de matrícula do curso 23-24 para o alumnado que comece a súa escolarización (4º Educación Infantil - 3 anos) ou para alumnado que queira cambiar de centro educativo (alumnado de calquera curso). O prazo de inscrición será do 1 ao 20 de marzo.
Para que as familias interesadas poidan coñecer con detalle as nosas escolas e ao profesorado, haberá unha xornada de portas abertas o martes 28 de febreiro en horario de 16:30 a 18:00. Esta xornada farase de xeito simultáneo nas catro escolas do noso CRA: Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide, así que, animamos a todas as familias a que nos visiten esa tarde! Na barra lateral esquerda desta web (apartado Aulas do CRA) está a ubicación e datos de contacto de cada escola.
Se algunha familia estivera interesada en visitar as escolas e non puidera asistir ese día pode chamar ao teléfono 628 07 14 38 (horario de 9:30 a 14:30 de luns a venres) ou escribir ao correo cra.oroso@edu.xunta.gal para concertar unha cita e facer a visita outro día.
A modo de presentación pódese ver o seguinte vídeo no que, de xeito moi resumido, presentamos as principais características da nosa proposta educativa, esperamos que vos guste!!
Tamén podedes ver as nosas RRSS, onde hai moita máis información:
https://www.instagram.com/craoroso/?hl=es