O alumnado de 2º de Primaria que queira continuar os seus estudos no CEIPP Sigüeiro ten que facer reserva de praza entre o luns 16 de xaneiro e o luns 6 de febreiro.
Toda a información sobre o procedemento está na web: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
A documentación pode presentarse por sede electrónica ou en papel no CRA de Oroso (non se leva a documentación ao CEIPP Sigüeiro).
Achégase como adxunto o impreso de solicitude (tamén estará dispoñible nas escolas unitarias) que deben de asinar ambos proxenitores, independentemente da súa situación familiar (a única excepción é a situación de violencia de xénero). Xunto con este impreso de solicitude débese achegar copia do libro de familia. O impreso xa leva marcados os códigos de centro e os cursos do alumnado para facilitar o procedemento. As familias do alumnado so teñen que cubrir os datos persoais dos proxenitores e alumno/a, seleccionar transporte e comedor (si é o caso) e asinar.
O impreso de solicitude e a copia do libro de familia entregaranse na escola de referencia do alumno/a ou ben na sede do CRA en horario de dirección (xoves 9:30 a 11:30 e venres de 9:30 a 13:30) con cita previa.
Para consultar calquera dúbida sobre este proceso ou para concertar cita previa na sede pódese facer polas seguintes vías:
- Telefónica: En horario de dirección (xoves 9:30 a 11:30 e venres de 9:30 a 13:30) no teléfono 628 07 14 38.
- Correo electrónico: Na dirección cra.oroso@edu.xunta.gal
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Modelo solicitude reserva de praza a CEIP Sigüeiro CON DATOS DE CENTROS.pdf | 244.21 KB |