Renovación Consello Escolar CRA de Oroso - Eleccións novembro 2021

A RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, regula o proceso de renovación dos Consellos Escolares no curso 21-22.

Neste curso escolar, o Consello Escolar do CRA de Oroso renovará a dous dos seus membros: un/unha representante das familias do alumnado e un/unha representante do profesorado.

Para realizar esta renovación están convocadas votacións entre os días 22 e 26 de novembro de 2021.

O primeiro paso para a celebración destas eleccións é a constitución da Xunta Electoral, que estará "integrada polo director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de administración e servicios, e, de se-lo caso, un alumno ou alumna de educación secundaria; designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes".

O sorteo dos membros da Xunta Electoral celebrarase mañá mércores 27 de outubro ás 10:00 horas na escola de Trasmonte. Participarán no sorteo todos os pais e nais do alumnado do CRA de Oroso no curso 21-22. Ao longo da mañá, enviaranse as citacións ás persoas seleccionadas (tanto titulares coma suplentes).

A Xunta Electoral constituirase en reunión o martes 2 de novembro ás 16:30 da tarde na sede do CRA de Oroso, en Vilarromarís.

AdxuntoTamaño
Resolución 20 setembro 2021 eleccións Consello Escolar 21-22.pdf688.15 KB


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013