Información final curso 20-21 e inicio curso 21-22

Estimadas familias, incluímos nesta publicación a información máis relevante para este final de curso e o inicio do vindeiro curso escolar.

 

- A listaxe dos libros de texto do curso 21-22 publicarase nesta páxina web nos vindeiros días (enviaremos unha mensaxe por abalarMóbil cando se publique).

- A entrega dos cheques de libros para o alumnado que o vindeiro curso 21-22 curse Educación Primaria farase nos últimos días de xuño ou primeiros de xullo. Avisarase mediante unha notificación por abalarMóbil dos días e horarios de recollida dispoñibles. Esta recollida farase na sede do CRA, en Vilarromarís.

- Segundo o establecido no calendario escolar para o curso 21-22, as clases comezarán o xoves 9 de setembro no horario habitual (9:30 a 14:30). O alumnado que comece a súa escolarización ten dereito a un periodo de adaptación ata o 21 de setembro (si fose necesario) no que o horario de clase será variable, en función da adaptación á escola. Achégase a esta publicación a Orde de calendario escolar onde figuran outros aspectos de importancia (vacacións, días non lectivos, conmemoracións...).

 

De parte de todo o profesorado e da dirección, queremos darvos as grazas pola vosa colaboración e apoio durante este curso tan complexo e desexarvos unhas moi boas vacacións!!!

 

Vémonos en setembro, unha forte aperta!

 

AdxuntoTamaño
Calendario escolar 21-22.pdf479.25 KB


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013