Distribución máscaras para alumnado de Educación Primaria

Esta semana comezou o prazo para que as familias do alumnado matriculado en Educación Primaria soliciten máscaras para os seus fillos/as.

O prazo de presentación de solicitudes é do 16 ao 27 de novembro (ambos inclusive) e a presentación da documentación debe de facerse de xeito presencial.

Os impresos poden recollerse nas diversas escolas ou descargarse (van coma arquivo adxunto a esta publicación co nome de "ANEXO I e II").

O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 (o cheque para a compra de material escolar entregado en xuño) non ten que presentar solicitude, faise de xeito automático.

Para o resto do alumnado, pode presentar a solicitude si cumpre algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 Ao igual que para as axudas de libros e material escolar, considérase a referencia da situación familiar e renda do ano 2018.

Para calquera dúbida, poden escribir ao correo do centro: cra.oroso@edu.xunta.gal ou ben chamar ao teléfono de dirección (628071438) en horario de 09:30 a 14:30.

Achéganse coma arquivos adxuntos a documentación relacionada con este procedemento.

AdxuntoTamaño
ANEXO I E II_ED330E_G_Alternativa.pdf136.44 KB
Orde 2020_11_06 mascarillas alumnado.pdf608.65 KB


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013