Skip to Content

Publicación guías aulas virtuais Infantil e Primaria 3º trimestre 19-20

Queridas familias, publicamos como arquivos adxuntos unhas sinxelas guías de uso das aulas virtuais que usaremos neste 3º trimestre.

O obxectivo do uso destas aulas virtuais é facilitar o traballo co alumnado, ao ter unha única plataforma de traballo que permita usar diversos recursos (actividades interactivas, fichas ou libros de traballo, enlaces web para ver, etc...) e proporcionar un seguemento de cada alumno/a en particular, xa que cada neno/a terá un código individual de acceso.

Nestes primeiros días é preciso que accedades ás aulas virtuais (hai unha para alumnado de Infantil e outra para alumnado de Primaria) coas claves que vos mandaremos de forma individual a cada familia mediante a aplicación abalarMóbil.

En caso de que haxa algún problema co acceso ás aulas virtuais, podedes notificalo a cada titora ou ao correo do centro: cra.oroso@edu.xunta.gal

Nos vindeiros días, cada unha das mestras irá facilitando información máis detallada ao alumnado de cada escola para traballar nestas aulas virtuais.

Por outro lado, como vos comunicaron nas videoconferencias realizadas o martes 14 de abril, imos a intentar adaptarnos ás necesidades de cada alumno/a por diversos medios de comunicación que complementen a labor desta aula virtual (chamadas de teléfono, correos electrónicos, uso de Whatsapp, videochamadas...).

Un saúdo e moito ánimo!!!

AdxuntoTamaño
Guía uso aula virtual CRA Oroso - Educación Infantil 3º Trimestre 19-20.pdf248.57 KB
Guía aplicación Aula Virtual Santillana - Educación Primaria 3º Trimestre 19-20.pdf149.63 KB


blog | by Dr. Radut