Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
29
| 30
Comezo:30/04/2019 09:00
Final:30/04/2019 14:00
| 1
| 2
| 3
Comezo:03/05/2019 09:00
Final:03/05/2019 14:00
O pasado 3 de Maio todo o alumnado do CRA desprazouse a Pías para celebrar o Día do Libro. Para elo organizamos diferentes recunchos por todo o colexio: - Recuncho de Braille. O alumnado elaborou o seu nome en Braille con diferentes materiais tactiles. - Recuncho de reciclaxe: O alumnado experimentou as técnicas básicas do reciclado de papel. Ademais tamén decoraron a súa propia mochila de tea para concienciar sobre a importancia da eliminación doutros materiais contaminantes. - Recuncho ExpresArte. O alumnado creaba unha lámina usando moitas cores, despois cubríaa de negro e por último rasgaba para facer un debuxo multicor. - Recuncho STEAM. O alumnado tivo que darlle á cabeciña para buscar solucións a diferentes retos que se lle propoñían. - Recuncho de xogos manipulativos. O alumnado experimentou con diferentes xogos de procesos cognitivos, lóxica, linguaxe... - Recuncho de igualdade e robótica. A través da curtametraxe sobre igualdade "Purl", o alumnado traballou o contido da mesma a través de diferentes taboleiros para os Escornabots e Ozobot. | 4
| 5
|