Skip to Content

Becas

ABERTO O PRAZO DE BOLSAS PARA ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2024/2025

BECAS NEAE CURSO 2024/2025

ABERTO O PRAZO DE BOLSAS PARA ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2024/2025

O alumnado que acredite necesidade específica de apoio ou necesidade educativa especial derivada de algunha das seguintes situacións:

 

  •          

    Discapacidade igual ou maior de 25%.

  •          

    Trastorno grave de Conducta.

  •          

    Trastorno grave da comunicación ou da linguaxe.

  •          

    Trastorno do Espectro Autista (TEA).

  •          

    Altas capacidades.

  •          

    Alumnado con TDAH con necesidades derivadas de discapacidade, trastorno grave de conducta ou trastorno grave da comunicación ou da linguaxe.

As axudas poderán ser solicitadas polo alumnado cuxa renda ou patrimonio familiar a 31 de decembro de 2023 non superasen, de conformidade co disposto no Real Decreto 201/2024, do 27 de febreiro, os limiares seguintes:

  • Familias dun membro: 12.534 euros
  • Familias de dous membros: 20.416 euros
  • Familias de tres membros: 26.811 euros
  • Familias de catro membros: 31.801  euros
  • Familias de cinco membros: 36.089 euros
  • Familias de seis membros: 40.229 euros
  • Familias de sete membros: 44.143  euros
  • Familias de oito membros: 48.031  euros
  • A partir do octavo membro engadiríanse 3.856 euros por cada novo membro computable da familia.

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

O prazo de presentación de solicitudes é dende o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive e deberá presentarse no centro onde cursará estudos no curso académico 2024/2025.

Esta solicitude irá acompañada de:

  • Código Conta Cliente (CCC), onde o titular da conta sexa o alumno/a
  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar
  • Fotocopia do certificado de discapacidade
  • Fotocopia do certificado de Altas Capacidades ou fotocopia do diagnóstico médico do Trastorno Grave de Conduta ou do Trastorno Grave da Comunicación e da Linguaxe, TDAH (asociado as casuísticas anteriores) ou TEA.
  • Memoria do gabinete reeducador que preste o servizo durante o curso 2024/2025.

Outros documentos que se consideren (Título de familia numerosa...).

Becas Alumnado NEAE

BECAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (NEAE)

 

Bos días! Dende o Departatamento de Orientación, ofrecémosvos un resumo das becas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) para este curso que xa comeza.

Distribuir contido


by Dr. Radut