Eventos - Filtro:
Ven | ||
---|---|---|
Comezo:21/09/2018 09:00
Final:21/09/2018 14:00
Comezo:21/09/2018 09:00
Final:21/09/2018 14:00
Os nenos e nenas da escola de Novás estamos preparándonos para facer a nosa colleita e, como ben sabemos, o primeiro que hai que facer é ir vendimar as uvas que tanto nos custou producir durante todo o ano. Por iso saimos á finca do avó Manolo (o avó de Iker), que está preto do noso colexio a vendimar unhas poucas uvas para despois na nosa aula elaborar o noso propio zume. As nenas e os nenos pasárono xenial, traballaron arreo e rematamos levando as uvas para a nosa aula para seguir noutro día co proceso.
|