Eventos
Saímos ás 9 en autobús. Chegamos a Vigo e fomos á estación de tren. Alí agardamos un pouco e fomos entrando por un corredor no que había un aparello de raios X para pasar as bolsas. Despois baixamos unhas escaleiras moi empinadas e montamos de a un no tren, coa axuda dunha traballadora. Sentámonos e estabamos con nervios esperando a saída. Fomos moito tempo por debaixo dun túnel e chegamos moi rápido. Vimos algo do mar. Na estación de Pontevedra estaba a esperarnos outro autobús. Fomos merendando nel, namentres chegabamos ao Salón do Libro.
Chegaron Patricia e Charo, do Concello. Patricia falounos dos distintos contedores que hai e que traía en miniatura: o azul, para papel e cartón, o amarelo para os envases, o verde para materia orgánica e o verde en forma de iglú para vidro.
Vimos unha foto dun parque cheo de bolsas de lixo, logo dunha festa e contou un conto dunha cidade na que vivían persoas que tiraban o lixo ao chan e estaba todo moi sucio. Apareceu logo un súper heroe que era o Capitán Verdemán. Ensinoulles a todas as persoas a reciclar o papel, o plástico, a non tirar as cousas, a aproveitar todo o que poidamos… Tamén vimos un vídeo dun neno que se chamaba Álex nunha fábrica de reciclaxe e que non o fixera ben e tiña un amigo robot.
Falamos logo do lixo e de cómo facemos nas casas e na escola. Hai a máis contedores para roupa, para tubos fluorescentes, para lámpadas. Tamén falamos a onde ían os distintos residuos. Xogamos a responder ás preguntas sobre onde ía cada residuo. Aprendemos que os que non van a ningún contedor dos que hai polo concello chámanse impropios e van ao Punto limpo. Logo comezamos a facer unha ficha sobre este tema.
Esther chegou cando estabamos na asemblea, pouco antes de merendar e logo de facer o traballo nos libros. Esther leunos o libro de “Abremente”, con preguntas que respondiamos. Merendamos e xogamos dentro da escola no recreo porque chovía moito.
Logo estivemos facendo a ficha da reciclaxe que nos deixaron Patricia e Charo, do Concello.
Despois vimos unha película sobre os libros e as bibliotecas dun home e un neno que vivían na rúa sen casa. Era “La estrella alcanzar”.
Fomos recollendo todo e marchando aos poucos e a modo.
Chegamos ao Auditorio Municipal. Nas primeiras fileiras estaban as nenas e nenos de Ed. Infantil do colexio de Refoxos.
Comezou a obra e a actriz anunciou o que íamos ver. Logo apareceu o actor, que fixo coma se chegara tarde. Só eran dous.
A obra era unha versión do libro do Espantallo e parecida a dúas versións de teatro. Aparecía o tío Ramón, as merlas, os figos, o espantallo, o gato, o can, o grilo…
O espantallo estaba feito coma no libros de dous paus e unha chaqueta, pantalón e zapatos vellos.
Cantamos unha canción, na que repetíamos o que cantaba o actor. Facían o actor e a actriz todos os personaxes. A muller facía de grilo, do can, das merlas e dunha nena. O actor facía do gato Xirimía, do espantallo, do tío Ramón e dun neno que se chamaba Moncho.
Logo saímos e volvemos á escola, onde merendamos.
Un lipdub é un vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincronizan os seus beizos, xestos e movementos cunha canción. E no CRA facemos un vídeo así coa canción "Meu o mundo é!", de "Brinca Vai!".
Cada escola toma as imaxes da súa parte da canción e monta a coreografía que máis lle gusta. Ao remate xuntamos todas esas pequenas partes nun vídeo completo e temos finalmente o noso propio lipdub.
Moito ensaio, moito escoitar a canción e moita creatividade para decidir que facer en cada escola... Moitas grazas pola enerxía e gañas postas para facelo. O resultado paga ben a pena!!!
Por certo as mestras e mestres tamén teñen un oco neste vídeo, xa veredes...
Un lipdub é un vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincronizan os seus beizos, xestos e movementos cunha canción. E no CRA facemos un vídeo así coa canción "Meu o mundo é!", de "Brinca Vai!".
Cada escola toma as imaxes da súa parte da canción e monta a coreografía que máis lle gusta. Ao remate xuntamos todas esas pequenas partes nun vídeo completo e temos finalmente o noso propio lipdub.
Moito ensaio, moito escoitar a canción e moita creatividade para decidir que facer en cada escola... Moitas grazas pola enerxía e gañas postas para facelo. O resultado paga ben a pena!!!
Por certo as mestras e mestres tamén teñen un oco neste vídeo, xa veredes...
Toia veu o luns a presentarnos as plantas coas que traballaríamos. Eran aloe vera, ruda, acanto, herba luisa, albahaca, menta, nébeda e romeu.
O martes vimos uns vídeos nos que lembramos que para que unha planta viva necesita sol, auga e nutrientes da terra. Tamén que unha planta pode morrer por falta de osíxeno, por falta de auga e por ter demasiada auga.
Logo fixemos un cadro no que puñamos o nome da planta, para que nos pode valer, coma se usa, que partes se utilizan e que produtos podemos obter dela. Toia ensinounos cremas e aceites.
Despois fixemos un debuxo da nosa cara nun papel que era a cuarta parte dun folio.