Skip to Content

Excursión ao Salón do Libro de Pontevedra - Abril 2016

12/04/2016 09:00
12/04/2016 18:00

Saímos ás 9 en autobús. Chegamos a Vigo e fomos á estación de tren. Alí agardamos un pouco e fomos entrando por un corredor no que había un aparello de raios X para pasar as bolsas. Despois baixamos unhas escaleiras moi empinadas e montamos de a un no tren, coa axuda dunha traballadora. Sentámonos e estabamos con nervios esperando a saída. Fomos moito tempo por debaixo dun túnel e chegamos moi rápido. Vimos algo do mar. Na estación de Pontevedra estaba a esperarnos outro autobús. Fomos merendando nel, namentres chegabamos ao Salón do Libro.

Alí movémonos moi rápido á sesión de teatro. Era a obra “Os tres osos”, dun grupo que traballaba con caixas e escenarios pequenos, con monecos. Contaba a historia dos tres osos que traballaban nunha fábrica de marmelada e coma o pequerrecho ía por mel ao bosque. Logo aparecía Riciños de Ouro e sentábase nas cadeiras dos osos, probaba as tres sopas e deitábase nas tres camas dos osos. Déronos un papel con debuxos da obra e cunha receita de marmelada. Ao saír da obra de teatro fomos cun monitor que se chamaba Kai, que nos ensinou un xogo xigante e moitos debuxos de animais. Entramos nunha cova e iamos en fileira seguindo unha liña que tocabamos na parede, cos ollos pechados.

 

De alí fomos outra volta no autobús a unha praza a comer, no palco da música. Despois estivemos xogando moito no parque. Achegouse un can enorme que se chamaba Pepe, co dono que podía falar coma o pato Donald e fomos dar unha volta pola parte antiga de cidade. Tiramos fotos na estatua de Valle Inclán, un escritor, e de Ravachol, un loro protagonista do Entroido. Montamos no autobús e voltamos á escola xa pola tarde.

Foi día xenial cheo de actividades, historias e viaxes!!!

 



actividade | by Dr. Radut