O día 9 de abril estivo Alba de cumple, e para celebralo, o primeiro día de cole despois da vacacións trouxonos unha tarta riquísima que fixo coa súa nai.
Antes das vacacións estivemos cociñando, fixemos un biscoito e unha pizza.
Para comezar fixemos uns mandiles para parecer uns autenticos cociñeiros.
O primeiro que fixemos foi un biscoito de iogur.
E despois fixemos unha rica pizza!
Saiunos todo riquísimo!!!!Somos moi bos cociñeiros!
Temos que dar as grazas á familia de Mariña que nos deiuxou un forno para a escola. E tamén á familia de Imanol e Almudena e a Pilar, unha veciña da escola, que levaron un dos biscoitos e as pizzas a cocer no forno da súa casa. Grazas!
Aquí estamos clasificando alimentos polo seu sabor:
ÁCIDO, AMARGO, SALGADO E DOCE.
Ademais do sentido do gusto tamén utilizamos os sentidos do tacto, olfacto e vista para coñecer outras propiedades. A continuación coloreamos algúns alimentos e recortamos e pegamos outros.
Como podedes imaxinar, de todos os alimentos que probamos o que máis nos gustou e repetimos foi o .....DOCE !
Convertímonos en cociñeiros e fixemos unha ábore de Nadal moi especial, de chocolate e lacasitos!Acompañamos este pastel cun zumo de laranxa riquísimo!!
Melodía, que é moi boa, enviounos unha frauta máxica pois Amadeus escribiu unha ópera titulada “A frauta máxica”. Vimos un anaquiño desta ópera coas tres mellizas e encantounos. Despois a profe Mabel contounos que a frauta tiña tres pezas: boquilla, corpo e pé … ah e tamén moitas chaves. É unha frauta traveseira!!!
Por último, poidemos tocar a frauta … aínda que é moi difícil de tocar!!!
O día 21 estivemos en Villa Melania plantando dous castiñeiros que bautizamos cos nomes de SORRISO GRANDE e SORRISO PEQUENO. Despois tivemos un contacontos e unha merenda. O chegar a escola plantamos outra árbore e debuxámola.